Hirosaki (弘前市, ひろさきし; Hirosaki-shi) é un concello da prefectura de Aomori no Xapón. Está situado ó norte da rexión de Tōhoku e ao suroeste da prefectura, no norte da illa de Honshū. Ten 524,12 km² de superficie, unha poboación de 183.931 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 351 h/km².
O concello de Hirosaki limita cos concellos de Nishimeya, Ajigasawa, Tsugaru, Tsuruta, Itayanagi, Fujisaki, Inakadate, Hirakawa, Ōwani (que son da prefectura de Aomori); e Ōdate (este último é da prefectura de Akita).
Era capital do dominio Hirosaki (弘前藩) do clan Tsugaru (津軽氏) na época do shogunato de Tokugawa. Actualmente é a cidade central da parte oeste da prefectura de Aomori (rexión de Tsugaru).
Turismo Castelo de Hirosaki
Véxase tamén Outros artigos Lista de concellos do Xapón
Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Hirosaki .
Categoría:Prefectura de Aomori Categoría:Concellos do Xapón