Karlsruhe é unha cidade do sueste de Alemaña cunha poboación de 307.755 habitantes, no Bundesland de Baden-Württemberg, localizada preto da fronteira con Francia.

Fundada en 1715 coma o Pazo de Karlsruhe, arredor da cidade construíronse dous dos máis altos tribunais en Alemaña, o Tribunal Constitucional Federal (Bundesverfassungsgericht) cuxas decisións teñen forza de lei, e o Tribunal Federal de Xustiza (Bundesgerichtshof), o máis alto tribunal de apelacións en materia de dereito civil e dereito penal. Polo tanto é considerada o berce da xustiza en Alemaña.

Historia A cidade foi fundada en 1715 polo Markgraf (marques) Carlos Guillerme de Baden-Durlach, converténdose en 1806 na residencia do Gran Ducado de Baden no marco da Confederación do Rin. En 1918, coa Revolución de Novembro a cidade convértese en capital do estado libre de Baden, perdendo o seu estatuto de cidade libre tralo final da segunda guerra mundial en 1945 Karlsruhe perde o seu estatuto de cidade libre.

En 1950 instálase en Karlsruhe a corte de casación da RFA e é incorporada ao novo estado de Baden-Württemberg en 1952. En 1977, o fiscal federal xeral Siegfried Buback é asasinado pola Fracción do Exército Vermello na cidade.

Economía Esta cidade, coma o resto de Baden-Württemberg, posúe un dos máis altos niveis de riqueza económica na Unión Europea (UE).

Lugares de interese miniatura|Pirámide de Karlsruhe Castelo de Karlsruhe. Castelo de Gottesaue. Castelo Turmberg. Pirámide de Karlsruhe. Igrexa da Cidade. Pazo do Príncipe Max.

Museos Zentrum für Kunst und Medientechnologie (ZKM) Staatliche Kunsthalle Karlsruhe. Badisches Landesmuseum im Schloss Karlsruhe. Staatliches Museum für Naturkunde. Majolika-Manufaktur.

Educación A cidade ten varios centros de educación superior: Universidade de Karlsruhe (TH), Hochschule für Musik Karlsruhe, HS Karlsruhe, PH Karlsruhe, Hochschule für Gesltaltung Karlsruhe (HfG) e Akademie der Künste Karlsruhe (AKKA). Destaca tamén o Federal Research Institute of Nutrition and Food Max Rubner.

Xeografía Barrios Innenstadt-Ost Innenstadt-West Südstadt Südweststadt Weststadt Nordweststadt Oststadt Mühlburg Daxlanden Knielingen Grünwinkel Oberreut Beiertheim-Bulach Weiherfeld-Dammerstock Rüppurr Waldstadt Rintheim Hagsfeld Durlach Grötzingen Stupferich Hohenwettersbach Wolfartsweier Grünwettersbach Palmbach Neureut Nordstadt

Galería de imaxes

Véxase tamén

Outros artigos

Casa da Moeda de Karlsruhe

Categoría:Cidades de Baden-Württemberg