miniatura|dereita A altocalcifilia é un tipo de fetichismo no que se obtén pracer ao observar ou levar posto zapatos de tacón alto. A altocalcifilia forma parte dos fetichismos asociados a pezas de vestir, en particular ao fetichismo de calzado coñecido tamén como retifismo.

Este tipo de parafilia preséntase comunmente en homes que gozan observando mulleres que locen este tipo de calzado.

Características A altocalcifilia é moi común entre os sadomasoquistas, quen o converten en perversión. Malia que non está clasificado dentro do DMSV (Manual de Psiquiatría), considérase clinicamente unha parafilia sempre e cando afecte as normais relacións sociais do paciente e se presente de forma recorrente durante polo menos 6 meses. Así mesmo, é pouco común que esta parafilia se presente soa, normalmente está asociada a outro tipo de fetichismos.

A interpretación psicanalítica da altocalcifilia ve nela unha asociación entre o obxecto que é familiar ao neno mentres agatuña (o zapato feminino) e as mostras de afecto infantil recibidas por el. Existe rexistro do caso dun chimpancé macho criado en cativerio que se masturbaba fretándose contra a bota do seu vixilante.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Parafilia Sexualidade

Ligazóns externas Cueronet Saúde e Medicina

Categoría:Parafilias