miniatura|300px|Ciclo biolóxico da Entamoeba histolytica A amebíase é unha infestaciónAlgúns autores defínena como a invasión do corpo humano pola Entamoeba histolytica haxa ou non síntomas de infección: Hans-Dieter Kuntz Hepatology: Principles and Practice: History, Morphology, Biochemistry, Diagnostics, Clinic, Therapy, 2ª ed. Birkhäuser, 2006, páxina 486. causada por un parasito protozoo, a Entamoeba histolytica, morfoloxicamente idéntica á Entamoeba dispar, que non obstante non é un patóxeno.Nicholas A. Boon et al.: Davidson's Principles And Practice of Medicine. Elsevier Health Sciences, 2006, páxina 358.. É unha das infeccións máis comúns do mundo, e causa da morte de entre 40.000 e 100.000 persoas ao ano, a maioría en países do Terceiro MundoDres H. C. Doerr e T. G. Ashworth: Tropical Pathology, 2ª ed. Springer, 1995, páxina 491 e ss..

Patoloxía Os quistes da Entamoeba histolytica entran no corpo humano a través da auga ou pola comida non cociñada, contaminada por feces humanas. Unha vez dentro os quistes aséntanse no colon e liberan os trofozoítosCarolyn D. Berdanier, Johanna T. Dwyer e Elaine B. Feldm Handbook of nutrition and food, 2ª ed. CRC Press, 2007, páxina 54.. Se os parasitos invaden a membrana mucosa poden provocar úlceras que se poden esparexer por todo o intestino causando severas hemorraxias, pero só en moi raros casos chegan a perforar o intestinoDavid W. Day et al.: Morson and Dawson's Gastrointestinal Pathology, 4ª ed. Wiley-Blackwell, 2003, pp. 482-484.. Secundariamente pode causar infeccións cutáneas, con ulceracións máis frecuentes na zona perianal e xenitalD. A. Warrell et al.: Oxford Textbook of Medicine, 4ª ed. Oxford University Press, 2003, páxina 717..

A Entamoeba histolytica non ten un período de incubación definido, e mesmo pode permanecer anos en estado latenteHans-Dieter Kuntz, ob. cit, páxina 487..

Notas

Categoría:Doenzas parasitarias