A americanización é un proceso de asimilación ou influencia cultural polo que unha sociedade ou cultura adopta elementos propios da cultura dos Estados Unidos de América, como costumes, formas de consumo, valores, modelos sociais ou produtos culturais. Isto pode dar como resultado un proceso de substitución da cultura nativa pola deste país americano, ou a súa hibridación.
Terminoloxía O Dicionario da Real Academia Galega recolle o verbo americanizar co significado de «adaptar ás maneiras, ideas, usos, gustos etc., americanos, especialmente dos Estados Unidos» e, na súa forma pronominal, «adquirir as maneiras, ideas, usos, gustos etc., americanos, especialmente dos Estados Unidos».
O termo emprégase especialmente para describir a difusión internacional da cultura estadounidense e a súa influencia sobre outras culturas.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
América
América do Norte
América Central
América do Sur
América Latina
América precolombiana Asimilación cultural dos nativos americanos Estados Unidos de América Iberoamérica
Globalización Pobos indíxenas de América
Categoría:Cultura dos Estados Unidos de América