miniatura|Niño con forma de cesto.
Un niño, do latín nidus, é un lugar de refuxio utilizado por animais para procrear e criar á súa descendencia.
Usos Os ovíparos (aves, réptiles, insectos, peixes) depositan os seus ovos e incúbanos, mentres que os mamíferos paren neles, pero todos crían posteriormente a súa prole nos niños.
Materiais e localizacións miniatura|Femia de cisne aniñando na illa das Esculturas (Pontevedra).
Adoitan ser xeralmente de material orgánico, ramas, herba e follas, e poden estar pendurados sobre as pólas ou no oco dunha árbore, nunha fenda ou entrante de rocha, sobre o chan ou entre matogueira. Na actualidade tamén se colocan caixas de madeira para favorecer a creación de niños das distintas especies.
Tipoloxías alt=Niño nunha árbore. Nótase a difícil visualización aínda estando a árbore sen follas.|miniatura|Niño nunha árbore. Nótase a difícil visualización aínda estando a árbore sen follas.En xeral, cada especie ten uns estilos propios de niños, tanto en situación, forma e materiais, aínda que existen especies que comparten os mesmos niños e mesmo algunhas especies rouban os niños doutras.
Véxase tamén
Categoría:Termos zoolóxicos