O Val da Louriña é unha comarca histórica da provincia de Pontevedra formada polos concellos de Mos e O Porriño, é moi coñecida a zona destes municipios polo nome da Louriña fronte a denominación oficial na que se enmarcan, comarca de Vigo, así o reflicten os periódicos da provincia e locais. O seu nome outórgallo o río Louro que recolle as augas de todo o val encamiñado a crear unha das zonas naturais máis importantes do sur da provincia, as gándaras de Budiño.
Dentro da demarcación eclesiástica, a comarca do Val da Louriña constitúe un arciprestado. Este inclúe tamén a parroquia viguesa de Zamáns, e exclúe San Salvador de Budiño (pertence ó arciprestado de Entenza).
Demografía Concello Extensión(km²) Poboación(hab.) 2015 Densidade(hab./km²) 12px|O Porriño O Porriño 61,2 18 898 308,79 12px|Mos Mos 53,2 15 305 287,68 Total 114,4 34 203 298,98
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Río Louro Provincia de Pontevedra
Ligazóns externas Galicia para el mundo - RTVE La 2 .
Categoría:Accidentes xeográficos de Galicia Categoría:Comarcas da provincia de Pontevedra