Alcublas (en valenciano Les Alcubles) é un municipio da Comunidade Valenciana. Pertencente á provincia de Valencia, na comarca de Serrans.

Xeografía Municipio situado na vertente sur da zona montañosa de ligazón entre a Serra Calderona e a Serra de Andilla, que separa as concas do Turia e o Palancia. O relevo do termo non é moi accidentado, caracterizándose pola existencia de "cuncas" e chairas rodeadas de cerros de mediana elevación. Esta característica permitiu a instalación dun aeródromo no Chairo da Balsa, en 1936. As principais alturas son Pedroso (878 m), Los Molinos (904 m), Verdinal (614 m) e La Solana (1.123 m).

O termo carece de correntes fluviais importantes, sendo a única a destacar a rambla de Alcublas, que logo dá orixe á rambla de Artaix. Na parte sur do termo hai montes cubertos de piñeirais; no resto hai pastos e monte baixo (romeu, espliego etc).

A vila está na cabeceira da rambla de Alcublas, nunha ampla "cunca" rodeada por varios cerros, moi próxima ao linde con Andilla. Accédese a esta localidade, dende Valencia, tomando a CV-35 ata enlazar coa CV-339 e logo continuar pola CV-245.

O termo municipal de Alcublas limita coas localidades de Andilla e Llíria pertencentes á provincia de Valencia, e Sacañet, Jérica e Altura na provincia de Castelló.

Demografía

Economía Existen dentro do termo terreos dedicados a diversos cultivos: viñedos, cereais, oliveiras, amendoeiras e figueiras. O viño e o aceite son as principais producións. Pola abundancia de plantas aromáticas hai gran dedicación apícola, así como de obtención de esencia de espliego.

Patrimonio Concello. Edificio do século XVII. Los Molinos. Muíños onde antigamente se moía o gran, foron recentemente restaurados. Dende a montaña onde están situados pódese apreciar unha bela panorámica do pobo.

Festividades Santo Antón Abade. Celébranse estas festas o 17 de xaneiro. Romaría á Cova Santa. O primeiro sábado de maio ten lugar a romaría ao Santuario da Virxe da Cova Santa, distante 13 km do pobo, facendo a viaxe de ida e volta a pé gran número de romeus. Festas en honra á Virxe da Saúde. Celébranse en agosto, normalmente entre a terceira e cuarta fin de semana do mes.

Véxase tamén Ligazóns externas Web de turismo de Alcublas na Comunidade Valenciana

Categoría:Concellos da provincia de Valencia