A Selección de rugby de Galicia representa a Galicia no deporte de rugby en competicións internacionais de carácter oficial e amigábeis, independentemente de que os xogadores participen ou non con outras seleccións nacionais recoñecidas pola IRB.
Historia A Federación Galega de Rugby data do ano 1983, malia que houbo algúns clubs anteriores á fundación da federación coma o Club de Rugby Arquitectura Técnica da Coruña. Hoxe en día os recursos do rugby galego son moi limitados e a nivel de clubs o rugby galego non pasa por un bo momento, a pesar diso o XV do Toxo está a xogar a un grande nivel estando entre as mellores do estado"Entrevista a Manuel Espiña" en Vieiros., e chegando a participar en competicións internacionais de rugby oficiais, sendo a primeira selección galega en acadalo"Cal é a primeira Selección Galega que ten un partido internacional oficial?" Nova en www.xornal.com..
O seu primeiro partido foi unha derrota fronte a potente Selección de rugby de Portugal en Santa Isabel na capital galega, os seguintes partidos que xoga a selección son no Campionato de Seleccións territoriais, campionato no que nunca venceu pero no que ten acadado moi boas clasificacións, que a levaron a xogar na Copa de Europa de rexións, onde até o de agora saíu derrotada en tódolos partidos.
O seu debut nun partido internacional foi contra o equipo de Bearn, equipo que representa a esta rexión do Iparralde de fala gascona, no estadio Manuel Anxo Cortizo de Lalín. Os do Toxo saíron derrotada 8 a 26 nunha data histórica para o deporte galego, ao ser o primeiro partido oficial disputado por unha selección do país.
Os símbolos miniatura|Flor do toxo, símbolo da selección. A Flor do Toxo O símbolo da selección galega de rugby é a flor do toxo, a chorima (tamén coñecido coma xorima, e outras formas dialectais) a cal é considerada flor nacional de Galiza"Flores nacionais", no Setestrelo do Portal das Palabras, 25 de xullo de 2014., debido a súa abundancia nas terras galegas e ao seu significado, unha fermosa flor que xermina entre espiñas.
O himno O himno da selección é "Os Pinos", coma himno de Galicia, con trazas do celtismo (común a grandes seleccións europeas de rugby coma Irlanda, Escocia ou Gales) e do helenismo sempre presentes na obra de Pondal.
Estadios representativos do XV do Toxo A selección galega ten disputado xogos por toda Galicia. Os primeiros partidos do equipo foron xogados en Santa Isabel, en Santiago de Compostela. Este estadio foi inaugurado o 22 de setembro de 1963, tiña un peche sinxelo cunha cuberta, e en 1969 instalouse nel unha tribuna e uns focos luminosos, cun custo de 1 millón de pesetas e capacidade para 8.000 espectadores. O equipo de fútbol SD Compostela xogou neste campo até 1993. En 2003, o campo foi remodelado como parte do Centro Municipal de Deportes, co nome de Santa Isabel.
Posteriormente pasa a xogar partidos tanto en Vigo coma en Culleredo, na cidade olívica no Estadio Universitario e na cidade da comarca coruñesa no Complexo Deportivo de Acea de Ama. Os partidos internacionais xogados até o de agora en territorio galego foron xogados no Estadio Manuel Anxo Cortizo en Lalín, na comarca do Deza, estadio moderno (recentemente en remodelación), e con capacidade para 8.000 seareiros.
Rexistros Relación de tódolos partidos xogados pola Selección de rugby de Galiza en campionatos estatais e internacionaisFER Outras Competicións
Partidos amigábeis DataLugarEquipo LocalEquipo VisitanteResultado1999Santa Isabel, Compostela Galicia Portugal -
Campionato de seleccións territoriais DataLugarEquipo localEquipo visitanteResultado12-10-2003Campo Municipal de Santa Isabel, Santiago de Compostela 20 - 2621-12-2003 59 - 010-10-2004La Foixarda, Barcelona 23 - 318-12-2004 As Lagoas-Marcosende, Vigo 6 - 6516-01-2005Campos de Pepe Rojo, Valladolid 26 - 2229-10-2005Acea de Ama, Culleredo 7 - 027-11-2005Instalacións Deportivas UNBE, Éibar 51 - 025-11-2006 Acea de Ama, Culleredo 5 - 3717-12-2006Nafarroako Unibertsitate Publikoa, Pamplona 5 - 4513-01-2007 Las Mestas, Xixón 25 - 2622-09-2007 Estadio Universitario, Vigo 24 - 2929-09-2007Plaiaundi, Irún 35 - 716-12-2007 Santa Bárbara de Llaranes, Avilés 9 - 10
Copa de Europa de Rexións DataLugarEquipo localEquipo visitanteResultado07-10-2006 Manuel Anxo Cortizo, Lalín 20px Bearn 8 - 2604-11-2006 Antoine Béguère, Lourdes20px Armagnac-Bigorre 43 - 822-12-2007 Manuel Anxo Cortizo, Lalín20px Armagnac-Bigorre 22 - 51
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da Federación Galega de Rugby
Galicia