Abdelaziz Bouteflika (عبجد العزيز بوتفليقة), nado en Marrocos o 2 de marzo de 1937 e finado en Alxer o 17 de setembro de 2021, foi un político alxeriano, Presidente do seu país dende o 27 de abril de 1999 ata o 2 de abril de 2019.
Traxectoria Comeza estudos de filosofía, pero interrómpeos para se unir á FLN e o Exército de Liberación Nacional. Foi un dos líderes da Guerra de Independencia Alxeriana, e cando Alxeria obtivo a independencia en 1962 converteuse en ministro de deportes e mocidade. En 1963 asumiu a carteira de exteriores e membro da Asemblea Lexislativa. Durante a súa época en exteriores, Alxeria, converteuse nun dos líderes dos países non aliñados. Dimitiu en 1979 e entre 1981 e 1983 exiliouse ao ser acusado de corrupción.
En 1999 presentouse como candidato á presidencia, saíu elixido co 74% dos votos e en 2004 presentouse de novo, obtendo o 83% dos votos. Gañou tamén as seguintes dúas eleccións, en 2009 e 2014. En 2019 anunciou que se presentaría a un quinto mandato, o que provocou unhas protestas masivas por todo o país que duraron varias semanas. Finalmente o 2 de abril anunciou a súa dimisión.
Retirado nunha residencia de anciáns logo da súa renuncia política, a nova da súa morte foi anunciada o 17 de setembro de 2021.
Notas
Categoría:Presidentes de Alxeria Categoría:Nados en 1937 Categoría:Nados en Uchda Categoría:Condecorados co colar da Orde do Mérito Civil Categoría:Finados en 2021