Émile Bernard, nado en Lille, Francia, o 28 de abril de 1868 e finado o 16 de abril de 1941, foi un pintor postimpresionista francés.

Comezou os seus estudos na Escola de Belas Artes, facéndose amigo de artistas como Louis Anquetin e Henri de Toulouse-Lautrec. Uniuse ao Atelier Cormon en París en 1884 onde experimentou co impresionismo e o puntillismo.

Despois de que lle suspendesen na École des Beaux-Arts por insubordinación, viaxou pola Bretaña, onde quedou namorado da tradición e a paisaxe. Teorizou sobre un estilo de pinturas de formas groseiras separadas por contornos escuros, o que foi coñecido como cloisonismo. A súa obra mostrou tendencias xeométricas que apuntaban as influencias de Paul Cézanne, e colaborou con Paul Gauguin e Vincent van Gogh. A súa correspondencia con estes artistas é de grande interese para a historia da arte. En 1891 uniuse a un grupo de pintores simbolistas, entre os que estaban Odilon Redon e Ferdinand Hodler.

En 1893 comezou a viaxar, a Exipto, España e Italia, e logo desta experiencia o seu estilo fíxose máis ecléctico. Volveu a París en 1904 e alí morreu en 1941.

Un dos alumnos de Émile Bernard foi o pintor sueco Ivan Aguéli.

Notas Emile Bernard: "Notes relative au Symbolisme pictural de 1888-1890" en: Lettres à Emile Bernard -Nouvelle Revue Belgique, 1942 Douglas W.Druick e Peter Kort Seghers: "Van Gogh and Gauguin:The Workshop of the South" -Art Institute of Chicago Museum Shop, Paperback, 2001

Fontes Encyclopedia of Impressionists (EDIATA-Lausanne) 1992. ISBN 2-88001-289-9 theartists.org

Categoría:Pintores de Francia Categoría:Posimpresionismo Categoría:Simbolismo Categoría:Nados en Lille Categoría:Nados en 1868 Categoría:Finados en 1941 Categoría:Pintores do século XX Categoría:Alumnos da Académie Julian