A liña León-A Coruña, tamén coñecida historicamente como a liña Palencia-A Coruña, é unha liña de ferrocarril de 428,2 quilómetros de lonxitude que pertence á rede ferroviaria española. Une a Meseta con Galicia polo leste percorrendo as provincias de León, Ourense, Lugo e A Coruña. Seguindo a catalogación de Adif é a liña 06-800.
Características Segundo a Declaración da Rede de Adif na súa actualización de 2013, a liña está electrificada a 3 kV de corrente continua mediante fío aéreo entre León e Monforte de Lemos, así como a 25 kV de corrente alterna na estación da Coruña, e é de vía única.
No referente á sinalización, toda a liña está dotada de Control de Tráfico Centralizado (CTC), con Bloqueo Automático de Vía Única (BAU) entre León e Monforte de Lemos e Bloqueo de Liberación Automática en vía única (BLAU) entre Monforte de Lemos e A Coruña. centro|miniatura|500x500px|O viaduto da Chanca, sobre o río Rato, ergueito nas proximidades da estación de Lugo, é unha das construcións máis senlleiras desta liña.
Servizos ferroviarios Viaxeiros A liña é usada tanto por trens de Longa como de Media distancia operados por Renfe Operadora. Os servizos están distribuídos en dous tramos ben diferenciados. O tramo de León a Monforte de Lemos é utilizado polos seguintes trens: Alvia Barcelona - A Coruña/Vigo Intercity Camiño de Santiago A Coruña/Vigo - Bilbao/Irún Trenhotel Galicia Barcelona - A Coruña/Vigo Trenhotel Atlántico Madrid - Ferrol Rexional Expres León - Vigo Intercity Madrid - Vigo Intercity Madrid - Ponferrada (Só entre León e Ponferrada)
O tramo entre Monforte de Lemos e A Coruña úsano: A rama coruñesa do Trenhotel Galicia Trenhotel Atlántico Madrid - Ferrol (entre Monforte e Betanzos-Infesta) Alvia Madrid - Ferrol (entre Monforte e Betanzos-Infesta) MD A Coruña - Monforte de Lemos MD A Coruña - Ferrol (entre A Coruña e Betanzos-Infesta)
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Liñas de ferrocarril en Galicia