Acontecementos

1 de xaneiro: Albany substitúe a Nova York coma capital do Estado de Nova York. 4 de xaneiro: Napoleón Bonaparte vence na Batalla de Rívoli. 25 de xullo: Horatio Nelson perde o brazo dereito, nun ataque naval frustrado á Santa Cruz de Tenerife. 17 de outubro: Paz de Campoformio. Austria cede a Francia a marxe dereita do Río Rhin, Bélxica e o Milanesado, recibindo a cambio Venecia que desaparece definitivamente coma república.

Acontecementos de maior duración

Revolución francesa (1789-1799) miniatura|Vigo, 18 de marzo de 1797. Carta de Buenaventura Marcó del Pont a Manuel Godoy, solicitando permiso para poñer o nome de «Príncipe de la Paz» a un dos seus buques corsarios. Nacementos 31 de xaneiro - Franz Schubert, compositor austríaco (m. 1828) 22 de marzo - Guillerme I, emperador de Alemaña e rei de Prusia. 27 de marzo - Alfred de Vigny, escritor francés. 17 de abril - Francisco Javier Rodríguez Gil, filólogo galego (m. 1857). 13 de agosto - Casiano de Prado Vallo, enxeñeiro de minas e xeólogo galego (m. 1866). 30 de agosto - Mary Shelley, escritora británica. 14 de novembro - Charles Lyell, xeólogo escocés. 13 de decembro - Heinrich Heine, poeta e xornalista alemán. 23 de decembro - Adrien-Henri de Jussieu, botánico e médico francés. El Hadj Omar (Omar Saidú Tall), rei de Segú e de Masina, en África occidental (m. 1864). Hiroshige, pintor xaponés (m. 1858).

Mortes

16 de marzo - Juan Pablo Forner, escritor español. 27 de maio - François Babeuf, revolucionario socialista francés. 9 de xullo - Edmund Burke, estadista, filósofo e político británico. 10 de setembro - Mary Wollstonecraft, filósofa e escritora británica (n.1759). 16 de novembro - Frederico Guillerme II, rei prusiano.

Outros

Historia ano a ano

Categoría:1797