Vic é unha cidade e concello catalán situado no interior da provincia de Barcelona, que é capital da comarca de Osona. En 2012 tiña 41.191 habitantes.

Xeografía Atópase no medio dunha planicie que leva a seu mesmo nome Plana de Vic, equidistante de Barcelona e Francia.

É famosa pola súa persistente néboa no inverno provocada por un notable fenómeno de inversión térmica capaz de favorecer mínimas de até -10 °C e máximas próximas aos 0 °C nos episodios máis notables. No verán as tormentas son moi habituais até o punto de inverter o mínimo de precipitacións propio dos climas mediterráneos e favorecer a presenza de especies vexetais coma o carballo pubescente propias dos climas submediterráneos.

Historia Durante os séculos VIII e IX, Vic estivo nas marcas que dividían as forzas francas das islámicas. No ano 1027, o bispo de Vic estableceu a "Paz e Tregua de Deus" que axudou a diminuír as guerras privadas. Durante o século XVII, a cidade foi un dos primeiros focos de rebelión contra a política centralista do rei Filipe V, conflito que terminou converténdose na Guerra de Sucesión.

Na década de 1940 o municipio absorbeu a poboación de Sentfores ou La Guixa.

Demografía Evolución demográfica1900 1930 1950 1970 1981 2000 2008 12.105 15.005 16.97525.90630.05731.53338.964

Economía As explotacións gandeiras e as industrias transformadoras do sector primario conviven cun tecido industrial moi diversificado, e cun sector comercial e de servizos en crecemento. É así mesmo cidade universitaria, o que a converte nun núcleo estudantil moi activo que recibe estudantes de toda a comarca de Osona e doutras do interior de Cataluña, sen esquecer un bo número de habitantes da área de Barcelona que acoden á cidade en tren. O seu armazón peonil de rúas no centro histórico está poboado de bares, restaurantes, asociacións, talleres e oficinas que demostran a súa vitalidade económica.

Desde 1989 organiza anualmente o "Mercat de Música Viva de Vic", unha das feiras musicais máis importantes. É unha cidade de Feiras e Mercados, o máis tradicional dos cales é o Mercat do Ram.

Na cidade ten a súa sede a Universidade de Vic.

Localidades irmandadas Somoto Torredonjimeno (2010)

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web do concello Información da Generalitat de Catalunya Información do Institut d'Estadística de Catalunya