Perbes é un apeadoiro ferroviario de Adif situado na vila de Perbes, no concello de Miño, provincia da Coruña. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.
Situación ferroviaria A estación atópase no punto quilométrico 17,7 da liña férrea de ancho ibérico que une Betanzos con Ferrol a 68 metros de altitude,Rede ferroviaria española Ministerio de Fomento entre as estacións de Miño-Castro e de Pontedeume. O tramo é de vía única e está sen electrificar.
Historia A estación foi inaugurada o 5 de maio de 1913 coa apertura da liña Betanzos-Ferrol, tras un longo período de proxectos e obras, tras quedar deserto o concurso para a súa construción e explotación. Encargouse a Norte que efectuase o mantemento necesario para a posta en servizo desta liña. Encargouse finalmente da explotación MZOV, e a partir de 1928, a Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste.Betanzos a Ferrol Spanishrailway En 1941, a estación pasou a depender da recentemente creada Renfe, quen xestionou a mesma ata a separación da compañía en Adif e Renfe Operadora o 31 de decembro de 2004.
Incidentes En xullo de 2016 un tren tivo que ser evacuado logo dun lume que se producira no propio vehículo.
Servizos ferroviarios Media distancia Actualizado a 20 de xuño de 2016. Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe 5 MD A Coruña <> Ferrol
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Información sobre saídas e chegadas na web de Adif
Perbes Categoría:Miño