Kathleen Robertson, nada en Hamilton (Ontario) o 8 de xullo de 1973, é unha actriz canadense.

Traxectoria A súa paixón polo mundo da actuación vénlle de moi nova. Con tan só dez anos díxolle a seus pais que o seu soño era dedicarse á interpretación. A súa carreira deu os seus primeiros pasos na televisión e o cinema do seu país. Non obstante, durante unha viaxe aos Ánxeles, para asistir a unha estrea, decidiu quedar e probar sorte nos Estados Unidos.

O seu debut na gran pantalla produciuse cunha pequena participación en Blown Away, en 1992; ao seguinte ano acudiu ao casting dunha serie que a fixo enormemente popular, Beverly Hills, 90210. Dende 1993 ata 1997 estivo a interpretar o papel de Clare Arnold na popular serie e logo comezou a adquirir sona polos seus papeis nos filmes de Gregg Araki.

A súa primeira colaboración con Araki chegou en 1997, cando lle deu o papel de Lucifer nun grupo de aburridos e excitados adolescentes de Los Angeles na película Nowhere. Actriz e director volveron traballar xuntos dous anos despois, cando Robertson protagonizou o centro dun triángulo amoroso en Splendor, unha homenaxe de Araki ás comedias románticas.

En 1999, Kathleen apareceu en Dog Park, outra comedia romántica, dirixida polo seu compatriota Bruce McCulloch e en Kids in the Hall.

En 2000 participou en dúas películas, por un lado Psycho Beach Party, e por outro Beautiful, o debut na dirección de Sally Field. Participou en Scary Movie 2, unha parodia de películas de terror dirixida por Keenen Ivory Wayans, pero despois retornou a territorios máis serios con XX/XY.

Pintar é unha das súas afeccións, pero tamén lle apaixona a fotografía e visitar galerías de arte.

Está casada con Chris Cowles, ten un fillo (William, 2008) e reside nos Ánxeles.

Filmografía Losing Control (2010) .... Leslie Not Since You (2009) .... Amy Glitch (2008) (TV) .... Lee. Player 5150 (2008) .... Ali. The Terrorist Next Door (2008) (TV) .... Nicole. Tin Man (2007) .... Azkadellia. Hollywoodland (2006) .... Carol Van Ronkel . The Business (2006) serie de TV .... Julia Sullivan. Last Exit (2006) .... Beth Welland. Law & Order: Criminal Intent (2005) Serie de televisión .... Darla Pearson. Control (2004) .... Eden Ross. Until the Night (2004) .... Elizabeth. Mall Cop (2004) .... Donna. In the Dark (2003) (TV) .... Rachel Speller. I Love Your Work (2003) .... periodista. Girls Club (2002) serie de TV .... Jeanie Falls. Torso: The Evelyn Dick Story (2002) (TV) .... Evelyn Dick. Wilhelm, Wilhem, Where art Thou Wilhelm (2002) (TV) .... Prudence St. Claire. XX/XY (2002) .... Thea. I Am Sam (2001) .... Big Boy Waitress. Scary Movie 2 (2001) .... Theo. Speaking of Sex (2003) .... Grace. Beautiful (2000) .... Wanda Love, miss Tennessee. Psycho Beach Party (2000) .... Rhonda. Splendor (1999) .... Veronica. Dog Park (1998) .... Cheryl. I Woke Up Early the Day I Died (1998) .... Ticket Girl. Beverly Hills, 90210 (1994-1997) serie de TV .... Clare Arnold. Nowhere (1997) .... Lucifer. Burke's Law (1995) serie de TV .... Tracy Bird. Heaven Help Us (1994) serie de TV. In the Line of Duty: The Price of Vengeance (1994) (TV) .... Susan Williams. The Hidden Room (1993) serie de TV .... Anne Morrison. Survive the Night (1993) (TV) .... Julie. Quiet Killer alias Black Death (1992) (TV) .... Sara Dobbs. Liar's Edge (1992) (TV) .... Bobby Swaggart. Lapse of Memory alias Mémoire Traquée (1992) .... Patrick. Blown Away (1992) .... Darla. Maniac Mansion (1990) serie de TV .... Tina Edison. C.B.C.'s Magic Hour (1990) serie de TV .... Cynthia Bundy. My Secret Identity (1988) serie de TV. Left Out (1985).

Premios e distincións Foi nomeada para diferentes premios nos anos 1991, 1992, 2002 e 2007.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da actriz .

Categoría:Actores do Canadá Categoría:Nados en 1973 Categoría:Nados en Ontario Categoría:Canadenses de ascendencia irlandesa