Roberto Fernández, coñecido como Róber Bodegas, nado en Carballo o 23 de xuño de 1982, é un actor e guionista galego.
Traxectoria Comezou a estudar Arquitectura na Universidade da Coruña, e despois do primeiro ciclo continuou a súa formación como interiorista. A comezos da década dos 2000 realizou distintas actuacións de monólogos humorísticos, e gañou o Certame de dramatización de monólogos cómicos no Festival Internacional Outono de Teatro (Carballo) en 2002. Tamén obtivo o premio da Bienal da caricatura de OurenseBlog persoal, 28/2/2008 en 2004.
Fixo diversos cursos con Leo Bassi ou Jango Edwards, en 2005 montou o seu primeiro espectáculo, titulado Un día horrible, e é coautor de Gazapos, obra representada por Manicómicos. En 2007 presentouse ao proceso de selecciónConoce a los 20 finalistas , RTVE, 25/10/2007 para o programa de monólogos televisivos El Rey de la Comedia (TVE), competición na que se impuxo como vencedor da primeira ediciónRober Bodegas es el "Rey de la comedia", 20 Minutos, 9/12/2007. A raíz diso estreou o seu segundo espectáculo, Vamos a dejarnos de hostias (2007), e en 2008 o terceiro, El día en el que empecé a odiar los yogures y otras desgracias. En 2008 comeza a traballar como guionista e temporalmente como colaborador para o programa Sé lo que hicisteis..., de La SextaNuevo colaborador en SLQH , Web do programa Sé lo que hicisteis..., 25/6/2008.
Tamén ten intervido no Luar da Televisión de Galicia, en distintos anuncios publicitarios (entre eles unha campaña para Estrella GaliciaSpot Mapie Rober Bodegas, YouTube) ou na emisora de radio Radio Voz. En 2008 estrea tamén unha comedia teatral, Contamos contigo, canda os actores Quico Cadaval, Cándido Pazó e Paula Carballeira.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina web persoal Blog persoal Actuación en Luar
Categoría:Humoristas de Galicia Categoría:Actores de Carballo Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Guionistas de Galicia Categoría:Presentadores de televisión de Galicia Categoría:Nados en Carballo Categoría:Nados en 1982