miniatura
Konrad Zacharias Lorenz, nado en Viena o 7 de novembro de 1903 e finado tamén en Viena o 27 de febreiro de 1989, foi un naturalista e zoólogo austríaco, considerado un dos fundadores da etoloxía, a ciencia do comportamento, tanto o animal como o humano. Recibiu o Premio Nobel de Medicina en 1973, compartido con Niko Tinbergen e Karl von Frisch.
Traxectoria O lugar do seu nacemento é Altenberg, localidade próxima a Viena. Doutorouse en medicina e zooloxía en 1933 nesta Universidade e foi profesor de psicoloxía entre 1929 e 1935. En 1941 entrou no exército e entre 1944 e 1948 estivo prisioneiro en Rusia. Dirixiu o Instituto Max Planck de Buldern de fisioloxía do comportamento entre 1950 e 1954 e o de Seewiesen entre 1955 e 1973.
Chegou a ser moi coñecido polos seus esforzos para identifica-lo que el chamaba patróns establecidos de conduta, dos cales demostrou que estaban xeneticamente determinados. Estableceu, ademais, que os devanditos patróns eran tan importantes para a supervivencia do animal como as súas características fisiolóxicas, e que ambos factores tiñan un desenvolvemento evolutivo similar.
Un dos seus máis coñecidos e difundidos logros foi descubrir que os estímulos auditivos e visuais dos proxenitores dun animal son necesarios para inducir á cría a seguilos, pero que calquera obxecto, incluído un ser humano, podía inducir a mesma resposta de se empregaren os mesmos estímulos.
Na súa obra Sobre a agresión (1963), Lorenz demostrou que a orixe xenética da agresividade humana proviña do comportamento observado en moitos animais cando estes defenden o seu territorio.
Obra Falaba coas bestas, os peixes e os paxaros (1949) Cando o home atopou ó can (1950) Sobre a agresión (1963) Evolución e modificación da conduta (1965) A outra cara do espello (1973) Os oito pecados mortais da humanidade civilizada (1973)
Categoría:Zoólogos de Austria Categoría:Premio Nobel de Medicina Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 1989 Categoría:Nados en Viena Categoría:Profesores da Universidade de Königsberg Categoría:Alumnos da Universidade de Viena Categoría:Membros da Academia Austríaca de Ciencias Categoría:Premios Nobel de Austria