"It Must Have Been Love" é un sinxelo do dúo de pop sueco Roxette. "It Must Have Been Love" é unha balada escrita por Per Gessle que se converteu no terceiro número un nos Estados Unidos do grupo, e un dos seus sinxelos máis vendidos, sendo certificado como disco de ouro en numerosos países.
A canción, incluída na banda sonora do popular filme Pretty Woman, rivaliza con "The Look" e "Joyride" como a canción coa que se identifica o grupo. En 2005, Per Gessle recibiu un premio do BMI despois de que a canción fose radiada catro millóns de veces.
Lista de temas # Título 1. "It Must Have Been Love" 2. "Paint"
Véxase tamén Ligazóns externas Roxette , páxina oficial de Roxette. Marie Fredriksson, páxina oficial de Marie Fredriksson. Gessle, páxina oficial de Per Gessle. Run to Roxette, comunidade en liña de fans. The Daily Roxette, comunidade en liña de fans.
Categoría:Sinxelos de 1990 Categoría:Roxette