Herman Van Rompuy, nado o 31 de outubro de 1947 en Etterbeek, é un político belga flamengo. Membro do partido Cristiáns Demócratas e Flamengos (CDV), foi primeiro ministro de Bélxica desde o 30 de decembro de 2008 ata o 25 de novembro de 2009, e foi presidente da Cámara dos Representantes de Bélxica do 12 de xullo de 2007 ó 30 de decembro de 2008. Presidiu do Consello Europeo entre 2009 e 2014.

Traxectoria Herman Van Rompuy é fillo do profesor de economía Vic Van Rompuy, Herman realizou estudos secundarios no instituto Sint-Jan-Berchmans de Bruxelas, especializándose en humanidades grecolatinas. Licenciouse en ciencias económicas pola Katholieke Universiteit Leuven. Ingresou no servizo de estudos do Banco Nacional (1972-1975). Entre 1973 e 1975 foi vicepresidente das mocidades do Partido Popular Cristián (CVP) e desde 1978 é membro do Consello Nacional da CVP (desde 2001 CDV). Foi conselleiro do primeiro ministro Leo Tindemans (1947-1978) e do ministro de finanzas, Gaston Geens (1978-1980). Desde 1980 a 1988 foi director do centro de estudos do seu partido, o CEPESS. Participou nas negociacións para a formación dos gobernosde Wilfried Martens (III e VIII) (1982-1988) e de Jean-Luc Dehaene (I e II). De 1982 a 1988 ensinou na Vlekho (Vlaamse Ekonomische Hogeschool van Brussel ) e foi presidente da CVP en Bruxelas-Halle-Vilvoorde. Entre 1988 e 1993 foi o presidente nacional do seu partido e senador (1988-1995).

En setembro de 1993, Van Rompuy sucedeu a Mieke Offeciers como ministro de Orzamentos como tamén o foi, ademais de vicepresidente no gobernos Dehaene I e II (ata 1999). En tanto ministro de Orzamentos conseguiu en seis anos reducir de xeito moi importante o déficit presupostario belga. As eleccións de 1999 supuxeron un revés para o seu partido que pasou á oposición, Van Rompuy quedou como simple deputado, xa o era desde 1995. En 2004 o rei noméao ministro de EstadoEn Bélxica un ministro de Estado é un título honorífico que concede o rei ás personalidades políticas especialmente meritorias. Forman o Consello da Coroa que ten carácter consultivo e que se axunta en ocasións moi especiais. En 2007 a primeira cámara do parlamento belga elixiu a Van Rompuy como o seu presidente. Do 29 de agosto ó 29 de setembro de 2007 o rei nomeouno explorador para saír do impase no que se atopaba a formación do goberno.

Primeiro ministro O 28 de decembro de 2008 o rei Alberte II designouno formador coa misión de formar un goberno que sucedese ó de Yves Leterme.

O 30 de decembro 2008, logo de se entrevistar cos presidentes dos partidos da antiga maioría, Van Rompuy, conseguiu finalmente un acordo sobre a composición do novo goberno, nese día xurou o seu cargo no Palacio de Laeken.

O 31 de decembro de 2008, Herman Van Rompuy presentou diante os deputados e senadores a súa declaración de política xeral. O 2 de xaneiro a Cámara dos Representantes deulle a confianza ó goberno de Van Rompuy.

Publicacións De kentering der tijden, Lannoo, 1979 Hopen na 1984, Davidsfonds, 1984 Het christendom. Een moderne gedachte, Davidsfonds, 1990 Vernieuwing in hoofd en hart. Een tegendraadse visie, Davidsfonds, 1998 De binnenkant op een kier. Avonden zonder politiek, Lannoo, 2000 Dagboek van een vijftiger, Davidsfonds, 2004

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Blog persoaal de Herman Van Rompuy (en holandés) Sitio do primeiro ministro de Bélxica

Categoría:Primeiros ministros de Bélxica Categoría:Presidente do Consello Europeo Categoría:Nados na rexión de Bruxelas-Capital Categoría:Premio Carlomagno Categoría:Nados en 1947