Pak Pong Ju (chosongul: 박봉주; hanja: 朴鳳柱 ou 朴奉珠 romanización actualizada Bak Bongju), nado en Hamgyong do Norte o 24 de outubro de 1939, é un político de Corea do Norte.

Foi Primeiro ministro do seu país entre setembro de 2003 e abril de 2007, e dende abril de 2013 a abril de 2019. Previamente fora ministro da industria química.

Categoría:Primeiros ministros de Corea do Norte Categoría:Nados en 1939 Categoría:Nados en Corea do Norte