miniatura|Emil Boc Emil Boc, nado o 6 de setembro de 1966, é un político romanés, presidente do Partido Demócrata Liberal e antigo primeiro ministro do país.

Biografía Naceu de Ioan e Ana Boc no concello de Mărgău, Condado de Cluj, en Transilvania. Estudou na Facultade de Historia e Filosofía en Cluj e máis tarde na de Dereito, doutorouse en ciencias políticas e filosofía política e obtivo bolsas de estudo para perfeccionar os seus estudos no estranxeiro. Exerceu como avogado e profesor universitario en Cluj. Boc foi elixido deputado no ano 2000 e presidente executivo do Partido Democrático (agora Partido Demócrata Liberal) a proposta de Traian Băsescu, o entón presidente do partido. No ano 2004 presentouse á alcaldía de Cluj-Napoca enfrontándose a Gheorghe Funar, do Partido da Unidade Nacional Romanesa que fora alcalde durante doce anos. Tanto Boc como o candidato do Partido Social Demócrata superárono en votos, nunha segunda volta Boc superou ó candidato socialdemócrata, converténdose no novo alcalde. Nas eleccións municipais de 2008, Boc logrou o 76.2% dos votos."Rezultatele alegerilor locale din principalele oraşe ale ţării" , realitatea.net, 6 de xuño de 2008

Primeiro ministro Despois das eleccións xerais romanesas de 2008 o Partido Demócrata Liberal e o Partido Social Demócrata chegaron a un acordo de goberno, o presidente Băsescu designou a Theodor Stolojan como primeiro ministro pero este rexeitou o posto, designouse entón a Emil Boc, que serve como primeiro ministro desde o 22 de decembro de 2008.

En febreiro de 2012 dimitiu logo dunha serie de protestas pola política económica. Foi substituído por Mihai Razvan Ungureanu.

Obras Separaţia puterilor în stat, Cluj, Presa Universitară Clujeană, 2000. Instituţii politice şi proceduri constituţionale în România, Cluj, Editura Accent, 2003; ediţia a II-a, Cluj, Editura Accent, 2005. Drepturile omului şi libertăţile publice, Cluj, Editura Accent, 2003. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial (en romanés)

Categoría:Primeiros ministros de Romanía Categoría:Nados en 1966 Categoría:Alcaldes de Romanía Categoría:Deputados de Romanía Categoría:Nados en Romanía