O Tratado de libre comercio de América do Norte TLCAN coñecido tamén por TLC, NAFTA (polas siglas en inglés North American Free Trade Agreement) ou ALÉNA (do francés Accord de libre-échange nord-américain), é un bloque comercial entre os Estados Unidos, Canadá e México que establece unha zona de libre comercio.
Entrou en vigor o 1 de xaneiro de 1994. A diferenza de tratados o convenios similares (como o da Unión Europea) non establece organismos centrais de coordinación política ou social. Existe só unha secretaría para administrar e executar as resolucións e mandatos derivados do tratado mesmo.
Ten tres seccións, con cadansúa sede: a canadense (localizada en Ottawa, a mexicana (México D.F.) e a estadounidense (Washington, D.C.).
Categoría:Organizacións económicas Categoría:Tratados Categoría:Relacións internacionais dos Estados Unidos de América Categoría:Relacións internacionais do Canadá Categoría:Relacións internacionais de México Categoría:1994