O convento de San Domingos é un convento da Orde dos Predicadores situado na cidade vella da Coruña.

Características Foi construído no século XIII, destruído polos ingleses en 1589 e finalmente reconstruído no século XVII co aspecto actual.

De arquitectura barroca, conserva do edificio orixinal dúas capelas: a da Virxe dos Remedios e a de Nosa Señora do Rosario, patroa da cidade. Ten unha torre xirada respecto ó eixo da fachada.

Véxase tamén

Outros artigos Mosteiros e conventos de Galicia

Coruña Categoría:Arquitectura relixiosa na Coruña Categoría:Monumentos do Camiño de Santiago Categoría:Orde dos Predicadores