Laredo é un barrio da parroquia de Chapela que limita con Vigo.

En Laredo atópase a praia de Arealonga, onde se fixo a primeira fábrica de salgadura da ría de Vigo, polos primeiros Curbera que viñeron de Cataluña. Tamén estaba a fábrica de Peña, e a de Pérez La Fuente, onde agora se atopa o Club de Remo. Onde agora esta o Paseo Marítimo, antes estaba Madeiras Cardona. En Laredo tamén se atopa A Pousadoura, que antes era unha parada de postas, onde as dilixencias cambiaban os cabalos.

Lugares e parroquias Lugares de Chapela

Parroquias de Redondela

Categoría:Lugares de Redondela