"Our Days" é o oitavo single da cantante xaponesa Ami Suzuki, lanzado o mercado o 29 de setembro do ano 1999 baixo o selo Sony Music e producido por Tetsuya Komuro. A canción foi un grande éxito no momento do seu lanzamento, debutando como número un nas listas de Oricon, e sendo tamén un dos singles máis vendidos da cantante. A canción, "Our Days" foi o segundo single de Ami escrito por Mitsuko Komuro, e tamén foi usada como tema principal de "Professional Style", un produto caseiro de Kanebo. O maxi-single incluía un vídeo de "Rain of Tears", unha canción de Suzuki que apareceu no comercial de televisión de Kodak chamado "Snap Kids".
Lista de temas
# Título 1. OUR DAYS -ORIGINAL MIX- 2. OUR DAYS -SERENITY MIX- 3. OUR DAYS -TV mix- 4. Rain of Tears -CM VERSION-
Categoría:Sinxelos de 1998