dereita|miniatura|250px|Nicolaas Beets. Nicolaas Beets, nado en Haarlem o 13 de setembro de 1814 e morto o 13 de marzo de 1903, foi un escritor, teólogo e predicador neerlandés.
Traxectoria Nicolaas Beets era fillo dun boticario. Entre 1833 e 1839 estudou teoloxía na Universidade de Leiden. En 1840 a igrexa reformada neerlandesa destínao como pastor a Heemstede, durante o seu ministerio fundou unha escola primaria. En 1854 foi destinado a Utrecht. De 1874 a 1884 foi profesor de historia do cristianismo na Universidade de Utrecht.
A súa obra máis coñecida é Camera Obscura, unha colección de relatos que publicou co pseudónimo de Hildebrand cando era estudante, en 1839. Durante os anos seguintes continuou engadíndolle historias, a edición definitiva data de 1851. Publicou moitas outras obras como Jose. Een Spaansch verhaal (1834), Guy de Vlaming. Een verhaal (1837) ou Ada van Holland. Een gedicht (1840).
Véxase tamén
Beets Beets Categoría:Nados en Haarlem Categoría:Nados en 1814 Categoría:Finados en 1903