Adnan Terzić, nado en Zagreb o 5 de abril de 1960, é un político bosníaco de orixe croata, pertence ao Partido de Acción Democrática.
Traxectoria En 1986 graduouse no departamento de enxeñaría da Universidade de Saraxevo. Entre 1986 e 1990 foi conselleiro no goberno municipal de Travnik. Entre 1992 e 1995, na guerra dos Balcáns, combateu co exército de Bosnia e Hercegovina.
Despois da guerra foi presidente do consello municipal en Travnik, e primeiro ministro de Bosnia e Hercegovina entre decembro de 2002 e 2007.
Está casado e ten un fillo.
Categoría:Primeiros ministros de Bosnia e Hercegovina Categoría:Nados en Zagreb Categoría:Nados en 1960 Categoría:Alumnos da Universidade de Saraxevo