Non confundir coa quimosina, ás veces chamada rennina ou renina gástrica (EC 3.4.23.4).

A renina (EC 3.4.23.15) é un enzima de 340 aminoácidos que pesa 37 quilodaltons. É producida polo ril (polas células xustaglomerulares) en resposta a determinados estímulos:

A caída da tensión arterial (cando baixa a presión produto dunha hemorraxia tanto interna como externa. A diminución do sodio corporal (hiponatremia).

Mecanismo de acción A renina forma parte do sistema renina-anxiotensina ao fragmentar a molécula de anxiotensinóxeno (producida polo fígado), producindo anxiotensina I. Esta última é convertida en anxiotensina II pola enzima convertedora de anxiotensina (ECA), producida en certos capilares pulmonares; a cal finalmente contrae os capilares sanguíneos (mediante a estimulación dos receptores beta adrenérxicos) e incrementa a concentración de aldosterona (producida polas glándulas suprarrenais). O aumento na concentración de aldosterona dispara a reabsorción de sodio desde os túbulos distais no ril e debido a que o sodio é un dos ións máis osmoticamente activos arrastra coa auga. Esta indirecta reabsorción de auga, incrementará a volemia (cantidade de líquido).

Notas

Categoría:Hidrolases