A articulación esternoclavicular ou esternocostocondroclavicular é a articulación interna do ombreiro.
Superficies óseas No esterno: incisura clavicular do esterno. Na clavícula: epífise interna deste óso. Na primeira costela: a parte máis interna da mesma.
Cartigos Menisco articular: interponse entre o esterno e a clavícula. É máis groso na parte periférica ca no centro, onde pode estar furado. Cápsula articular: contornea todas as superficies óseas. Ligamento superior: formado por dous tipos de febras: Longas e superficiais: Inclúen o ligamento interarticular, que vai de clavícula a clavícula. Fondas e curtas Ligamento anterior. Ligamento posterior. Ligamento inferior ou costoclavicular, que vai da epífise interna da clavícula á primeira costela.
Mecánica funcional Trátase dun encaixe recíproco imperfecto, con movementos de: Elevación. Descenso. Proxección cara a adiante. Proxección cara a atrás. Circundución.
Véxase tamén Bibliografía Gray. Anatomy of the human body . Edición de 1918 de dominio público.
Categoría:Articulacións