William Thomas Beckford, nado o 1 de outubro de 1760 e finado o 2 de maio de 1844, foi un novelista, crítico de arte e político inglés. Foi membro do Parlamento de 1784 ata 1790 por Wells, e por Hindon de 1790 ata 1795 e de novo entre 1806 e 1820.
Traxectoria miniatura|Fonthill Abbey deseñada para William Beckford polo arquitecto James Wyatt Beckford naceu na mansión familiar en Soho Square 22. Cando tiña dez anos herdou unha importante fortuna do seu pai William Beckford que consistía nun millón de libras en metálico, terras en Fonthill en Wiltshire e varias plantacións de azucre en Xamaica. Esta seguridade económica permitiulle desenvolver o seu interese na arte e na arquitectura, así como tamén escribir, mesmo recibiu clases de Wolfgang Amadeus Mozart.
En 1783 casou con filla do conde de Aboyne, Margaret Gordon, aínda que Beckford era bisexual e tras ser acusado de seducir a William Courtenay, fillo do conde de Devon, tivo que se exiliar acompañado da súa dona. En 1786 publicou a súa obra máis coñecida, a novela gótica Vathek (1786), escrita orixinalmente en francés uns anos antes. Os seus outros escritos máis coñecidos son Memoirs of Extraordinary Painters (1780), unha obra satírica, e Letters from Italy with Sketches of Spain and Portugal (1835), un libro de viaxes. En 1793 visitou Portugal, vivindo alí durante un tempo.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Beckfordiana: The William Beckford Website O seu obituario, Bath and Cheltenham Gazette, p. 3 Edición online de Vathek A Visit to Fonthill
Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Membros do Parlamento do Reino Unido Categoría:Nados en Wiltshire Categoría:Escritores de Inglaterra Categoría:Nados en 1760 Categoría:Finados en 1844 Categoría:Novelistas do Reino Unido