Os nervios son estruturas condutoras de impulsos nerviosos situadas fóra do sistema nervioso central. Están formados por un conxunto de fibras nerviosas ou axóns agrupados, asociadas en fascículos por medio de tecido conxuntivo, cada un deles procedente dunha neurona. Poden ser motores ou sensitivos, mais a maior parte son mixtos e conteñen tanto fibras sensitivas como motoras. Orixínanse na medula espiñal (nervios raquídeos) ou parten directamente do encéfalo (nervios craniais). Na especie humana existen 12 pares de nervios craniais que se denominan pares craniais e 31 pares de nervios raquídeos, que tenden a agruparse para formar plexos nerviosos.Principios de Anatomía y Fisiología. Tortora-Derrickson. Consultado o 16 de novembro de 2018
No sistema nervioso central, as estruturas análogas coñécense como tracto nervioso.
Historia Herófilo (335–280 a.C.) describiu as funcións do nervio óptico na vista e do nervio oculomotor no movemento ocular. A análise dos nervios do cranio permitiulle diferenciar entre vasos sanguíneos e nervios (νεῦρον; neûron "corda, fibra vexetal, nervio").
A investigación moderna non confirmou a hipótese de William Cullen de 1785 que asociaba os estados mentais cos nervios físicos, aínda que a medicina popular ou laica aínda poida invocar "nervios" para diagnosticar ou culpar calquera tipo de preocupación ou dúbida psicolóxica, como nas frases tradicionais comúns "ataque de nervios".Por exemplo:
Descrición miniatura|esquerda|200px|Esquema no que se mostra a formación dun nervio a partir dos axóns procedentes de varias neuronas. Os nervios son feixes de prolongacións nerviosas de substancia branca, en forma de cordóns que fan comunicar os centros nerviosos con todos os órganos do corpo. Forman parte do sistema nervioso periférico. Os nervios aferentes transportan sinais sensoriais ao cerebro, por exemplo da pel ou outros órganos, mentres que os nervios eferentes conducen sinais estimulantes dende o cerebro cara aos músculos e glándulas.
Estes sinais, a miúdo chamados impulsos nerviosos, son tamén coñecidos como potenciais de acción: ondas eléctricas que viaxan a grandes velocidades, as cales nacen comunmente no corpo celular dunha neurona e propáganse rapidamente polo axón cara ao seu extremo, onde por medio da sinapse, transmítese a outra neurona.
Estrutura dun nervio miniatura|270px|Célula de Schwann rodeando o axón dunha neurona Cada nervio está formado pola agrupación de varios centos ou milleiros de axóns que se reúnen orixinando fascículos. Os axóns son prolongacións das neuronas mediante os que estas células entran en contacto con outras neuronas ou con fibras musculares. Na especie humana o diámetro individual dos axóns oscila entre 0.1 e 20 micrómetros, mentres que a lonxitude varía entre só uns centímetros e máis dun metro nos axóns que fan parte do nervio ciático e partindo das motoneuronas da hasta anterior da medula espiñal deben acadar os músculos da perna e do pé.
Nos nervios pódense distinguir distintos compoñentes.El nervio periférico: Estructura y función. Moreno Benavides, Carlos, Velásquez-Torres, Alejandro, Amador-Muñoz, Diana Patricia, López-Guzmán, Silvia. As fibras nerviosas que compoñen un nervio atópanse rodeadas por tecido conxuntivo que recibe nomes diferentes segundo a súa situación: Epineuro: é a capa máis externa dun nervio e está constituída por células de tecido conectivo e fibras coláxenas, na súa maioría dispostas lonxitudinalmente. Tamén poden atoparse algunhas células adiposas e pequenos vasos sanguíneos chamados vasa nervorum que proporcionan a circulación sanguínea do nervio. Perineuro: é cada unha das capas concéntricas de tecido conxuntivo que envolve cada un dos fascículos máis pequenos dun nervio. Endoneuro: son uns finos fascículos de fibras coláxenas dispostas lonxitudinalmente, xunto con algúns fibroblastos introducidos nos espazos situados entre as fibras nerviosas. O finísimo endoneuro está formado por delicadas fibras reticulares que rodean a cada fibra nerviosa.
Cada axón procede dunha neurona. A membrana celular que cobre o axón denomínase axolema. A maior parte das fibras nerviosas están cubertas por unha vaíña de mielina constituída polas células de Schwann: Axolema: tamén coñecido como membrana axonal, envolve o axón da fibra nerviosa. Axoplasma: é o citoplasma da célula que se atopa no interior do axón. Células de Schwann: As células de Schwann teñen a capacidade de fabricar a mielina que envolve aos nervios (menos as fibras C, que non dispoñen desta cuberta).
Conforme o nervio se vai ramificando, as vaíñas de tecido conxuntivo fanse máis finas. Nas ramas máis pequenas falta o epineuro, e o perineuro non pode distinguirse do endoneuro, xa que está reducido a unha capa delgada fibrilar recuberta de células conxuntivas aplanadas que se parecen ás células endoteliais. Os vasos sanguíneos localízanse no epineuro e no perineuro e raras veces atópanse nas acumulacións máis densas de endoneuro.
Tipos de nervios Segundo a súa orixe Nervios craniais: son os que nacen do encéfalo ou no bulbo. Nervios raquídeos: son os que nacen da medula espiñal a través dos buratos de conxunción. Poden dividirse en 5 cervicais, 12 dorsais, 5 lumbares e 6 sacrococcíxeos. Os nervios raquídeos agrúpanse e dan orixe a varios plexos: Plexo cervical, plexo braquial, plexo lumbar e plexo sacro. Sistema nervioso. Anatomía. Enfermera virtual. Consultado o 17 de decembro de 2018 Nervios de ton simpático.
Segundo a súa función Nervios sensitivos ou centrípedos: encárganse de conducir as excitacións do exterior cara aos centros nerviosos. Son bastantes escasos. Xeralmente as febras nerviosas áchanse asociadas con febras motoras (centrífugas). Como exemplo de nervio sensitivo puro podemos podemos citar o nervio de Wrisberg, que conduce ao cerebro a sensibilidade das gládulas salivares. Nervios sensoriais: atópanse dentro dos anteriores, pero se encargan unicamente de transmitir estímulos provenientes dos órganos dos sentidos. Nervios motores ou centrífugos: son aqueles que levan aos músculos ou ás glándulas as ordes dun movemento ou dunha secreción impartida por un centro nervioso. Nervios mixtos: son aqueles que funcionan á vez como sensitivos e motores. Áchanse constituídos por febras que levan as excitacións exteriores cara aos centros nerviosos e ordes dos músculos , dos centros cara á periferia. Como exemplo pódense citar o glosofarínxeo que transmite ao cerebro a excitación do gusto e produce ao mesmo tempo a excitación da lingua. Pertencen a esta clase de nervios todos os nervios raquídeos e varios nervios craniais.
Tipos de fibras nerviosas As fibras nerviosas que forman os nervios transmiten os impulsos grazas á propagación dos potenciais de acción. A velocidade de transmisión depende de varios factores: o diámetro das fibras e a existencia ou non dunha vaíña de mielina que envolve o axón. As fibras de máis diámetro e as que están rodeadas por mielina teñen unha velocidade de condución máis alta. Unha fibra sen mielina de diámetro pequeno transmite unicamente a 0.5 metros por segundo, mentres que unha de gran diámetro e mielinizada pode acadar os 120 metros por segundo.Medida de la velocidad de conducción del nervio cubital . UNAM. Consultado o 14 de decembro de 2018 Bases neurofisiológicas de la conducción nerviosa y la contracción muscular y su impacto en la interpretación de la neurografía y la electromiografía . A. Z. Arco. Consultado o 15 de decembro de 2018 A mielina actúa como illante aumentando a velocidad de condución e diminuíndo o gasto enerxético. Ten ademais unha función protectora. Por este motivo as doenzas chamadas desmielinizantes como a esclerose múltiple fan que a condución nerviosa sexa demasiado lenta e pouco eficaz.Estructura de los nervios. Sonzini Astudillo. Consultado o 19 de novembro de 2018
Segundo a clasificación de Erlanger e Gasser, as fibras nerviosas que forman os nervios poden clasificarse en varios tipos: Fibras de tipo A, con vaíña de mielina e que se subdividen en tipo alfa (velocidade de condución 70 a 120 m/s, diámetro 12 a 20 micrómetros, responsables da propiocepción), beta (vel. de condución 30–70 m/s, diámetro 5-12 micrómetros, responsables do tacto e a presión), gamma (vel. de condución 15–30 m/s, diámetro de 3-6 micrómetros, responsables da transmisión motriz aos fusos musculares ) e delta (vel. de condución 12–30 m/s, diámetro 2-5 micrómetros, transmisión da dor, o frío e parte do tacto). Fibras B, mielinizadas, responsables da conexión autónoma preganglionar (vel. condución 3–15 m/s, diámetro menor a tres micrómetros). Fibras C, non mielinizadas (sen vaíña de mielina), que se ocupan da transmisión da dor, a temperatura, información dalgúns mecanorreceptores e das respostas dos arcos reflectidos (Vel. condución 0.5 a2 m/s, diámetro de 0.4 a 1.2 micrómetros)
Propiedades dos nervios O nervio ten dúas propiedades esenciais: a excitabilidade e a condutividade. Excitabilidade A excitabilidade é a propiedade que ten o nervio de adquirir un movemento vibratorio molecular baixo a acción dun excitante. O nervio pode ser excitado por un centro nervioso, por un excitante natural como a luz ou por un excitante artificial como unha descarga eléctrica. O estímulo propagado denomínase impulso nervioso, e o seu paso dun punto a outro da fibra nerviosa é a condución nerviosa. Ciencias de la Naturaleza y su didáctica. Julia Morros Sardá. pag 179
Os excitantes artificiais poden ser de varias clases: O excitante é mecánico cando se provoca a contracción das patas dunha ra picando o nervio crural. Será químico se se aplica un cristal de cloruro de sodio sobre o mesmo nervio para conseguir o mesmo efecto. Será térmico se se pon bruscamente o mesmo nervio en contacto cun corpo quente conseguindo a mesma contracción. O excitante máis empregado na fisioloxía é a electricidade porque é moi fácil regular a intensidade e a duración da súa aplicación. Condutibilidade miniatura|Transmisión do impulso nervioso polo cambio de potencial trasmembrana. A condutibilidade é a propiedade que ten o nervio de asegurar a propagación do movemento vibratorio ao longo do nervio na forma ondulatoria ao xeito que se propaga unha onda na superficie da auga. Esta propiedade permite a unha dendrita transmitir a un centro nervioso a excitación que provén dunha picada periférica, por exemplo, e a un cilindro eixo de levar a outra neurona ou a un músculo a excitación que provén dun centro nervioso. É de notar que as dendritas que emanan dun ganglio espiñal posúen unha envoltura de mielina, o que posto a considerar aos autores como cilindros-eixos.
Para que se exerza a condutibilidade é necesario que o nervio non sufra ningunha dexeneración e que no seu traxecto non exista ningunha solución de continuidade. Un nervio pode perder a excitabilidade sen perder a condutibilidade; así a parte dun nervio sometida á acción do gas carbónico, deixa de ser excitable; pero se se aplica a corrente eléctrica á outra parte do nervio, a parte non excitable poderá conducir a excitación. Un nervio non cansa ao conducir o fluxo nervioso; pero un centro nervioso pode fatigarse cun traballo intelectual intenso.
A condución dun nervio sensitivo é centrípeda e a dun nervio motor é centrífuga. Os nervios mixtos participan nas dúas calidades.
Desenvolvemento O crecemento dos nervios normalmente remata na adolescencia, mais pode ser estimulado de novo cun mecanismo molecular coñecido como "sinalización de incisión".Yale Study Shows Way To Re-Stimulate Brain Cell Growth ScienceDaily (22 de outubro de 1999) — Results Could Boost Understanding Of Alzheimer's, Other Brain Disorders
Se os axóns dunha neurona están danados, sempre que o corpo celular da neurona non o estea, os axóns poden rexenerarse e refacer as conexións sinápticas coas neuronas coa axuda de células de guía. Isto tamén se coñece como neurorrexeneración.