Epsilon Andromedae (ε And, 30 And) é unha estrela da constelación de Andrómeda de magnitude aparente 4,37. Atópase a 169 anos luz da Terra.
Epsilon Andromedae é unha xigante amarela de tipo espectral G6 III cunha temperatura de 4930 K. De cor e temperatura semellante a estrelas coma Vindemiatrix (ε Virginis), Nekkar (β Bootis) ou ζ Cygni, a súa luminosidade é inferior a calquera delas, aínda que é 52 veces máis luminosa co Sol. A medida do seu diámetro angular lévanos a un radio case dez veces maior co radio solar. a súa idade é de tan só 650 millóns de anos, pero cunha masa de 2,4 masas solares, evoluciona con moita máis rapidez co Sol. A diferenza deste, que no seu núcleo o hidróxeno transformase en helio, en Epsilon Andromedae é o helio o que, mediante fusión nuclear, se transforma en carbono e osíxeno.
Afastándose moi a presa da Terra a unha velocidade relativa de 118 km/s, Épsilon Andromedae movese nunha órbita moi excéntrica ó redor do centro da galaxia. É unha visitante ocasional que dende o centro da galaxia atravesa a área onde se atopa o sistema solar para dirixirse cara ás aforas da Vía Láctea.
Nome En chinés, (), significa pernas (asterismo), refírese ó asterismo composto por ε Andromedae, η Andromedae, 65 Piscium, ζ Andromedae, δ Andromedae, π Andromedae, ν Andromedae, μ Andromedae, β Andromedae, σ Piscium, τ Piscium, 91 Piscium, υ Piscium, φ Piscium, χ Piscium e ψ¹ Piscium. Consecuentemente, ε Andromedae é coñecida coma (, Galego: a Cuarta Estrela das Pernas.)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Image Epsilon Andromedae
Categoría:Constelación de Andrómeda Categoría:Xigantes tipo-G