miniatura|dereita|200px|Fachada principal do museo.

O Museo de Arte Sacra da Colexiata de Santa María do Campo é un museo da Coruña. Expón unha colección de pezas de prata, de carácter relixioso, pertencentes á Colexiata de Santa María do Campo, de distintas épocas (entre os séculos XVI e XX) e estilos artísticos, entre as que destaca unha custodia de finais do XVII.

O edificio é de nova planta, proxectado polo arquitecto Manuel Gallego Jorreto. Está situado na rúa de Porta de Aires.

Véxase tamén

Categoría:Arquitectura civil na Coruña Categoría:Museos da Coruña Categoría:Museos de arte Categoría:Museos relixiosos