miniatura|250px|Ter forza coma un cabalo

A cabaleiro: montado sobre as costas doutro. Tamén se di ó cabaleiro Eladio Rodríguez González, s. v. cabaleiro.. A cabaliño: ver a cabaleiro. A cabalo, de cabalo: montando sobre un cabalo Eladio Rodríguez González, s. v. cabalo.. Agora que ten poldro, parece outro: aplícase ó presumido. A uña de cabalo: fuxir a todo correr Real Academia Galega 1913, s. v. cabalo.. Alma de cabalo: dise dunha persoa que fai o mal sen sentir escrúpulos Juan Sobreira Salgado: Papeletas.. Andar polos pés dos cabalos: dise das cousas que son tan baratas que ninguén as aprecia. Arrancada de cabalo e parada de burro: dise dos que acometen un traballo con moito ímpeto para abandonalo ó pouco. Bailar como un cabalo: dise da muller que brinca máis do debido ó bailar. Bate-lo cabalo: ferilo coas esporas para que apure máis. Cabalo de batalla: o punto principal dunha controversia, o argumento principal que se repite continuamente Real Academia Galega 1913.. Caer/ cair da súa besta en baixo: Facerse cargo dunha cousa e ceder ante quen sostén o contrario, recoñecendo o erro Juan Sobreira Salgado: Papeletas. No orixinal: Caer ou cair da sua besta en bayxo.. Camiño de ferradura: dise do camiño que resulta apto para andar a cabalo pero non para carros. Coma o cabalo do mesquiño, farto de auga, mal mantido e ben corrido: dise de quen é tratado mal, que non se lle dá nada pero que se lle esixe moito. Como poldros: dise das persoas inquietas, nada xuízosas, especialmente dos rapaces Eladio Rodríguez González, s. v. poldro.. Dar unha no cravo e outra na ferradura. Ergue-los candeeiros: bota-las cabalarías as patas traseiras por alto para dar couces. Estar a dente como egua galega: pasar fame e penalidades. Ida sen volta, coma os poldros á feira. Levar ás cabaliñas/ ó cabalete: levar sobre os ombros. No cabalo de san Francisco: a pé; corre cos verbos andar, ir, etc.. Non deixarse ferrar sen aceal: dise do que non obedece, ou das mozas que non se deixan meter man. Non ser besta cega: dise de quen non ten un pelo de parvo Eladio Rodríguez González, s. v. besta.. Ó cabaleiro, ó cabaliño: ver a cabaleiro. Ollos de cabalo: ollos saíntes e empenados. Pasar de cabalo regalado a cabalo barrufeiro: dise cando se cae da prosperidade á desgraza . Pasar [algo a alguén] por vez coma o fachuco ao cabalo: pasar unha cousa por outra sen que valla o mesmo, servir unha cousa por outra, conformarse cunha cousa peor da que se esperaba. Sempre foi un besta!: dise de quen é un groseiro, rudo, burrán . Ser unha besta negra: dise da persoa ou cousa que constitúe a principal dificultade para algo Real Academia Galega: Dicionario.. Ser máis besta que un burro: indica a ignorancia en grao sumo. Ser unha besta brava/ ser unha besta do monte: dise da persoa groseira e ruda. Ser unha moza como unha poldra. Sopas de cabalo canso/cansado: pan mollado en viño, xeralmente tinto. Ter forza coma un cabalo. Ter un cabalo no pescozo: sufrir unha contractura no pescozo Constantino García González.. Tamén, ter un cabaleiro.

Notas

Véxase tamén Bibliografía GARCÍA GONZÁLEZ, Constantino: Glosario de voces galegas de hoxe, Verba, anexo 27, Universidade de Santiago 1985. REAL ACADEMIA GALLEGA: Diccionario gallego-castellano, 1913-1928. RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo 1958-1961. SOBREIRA, Juan: Papeletas de un diccionario gallego'' (1792-1797), ed. de J. L. Pensado Tomé, Instituto de Estudios Orensanos, Ourense 1979.

Categoría:Locucións