A igrexa de San Bieito é un templo católico localizado na praza de Fefiñáns, Cambados, a carón do Pazo de Fefiñáns.
Características O edificio actual foi edificado entre o 1618 e o 1634 sobre as ruínas dunha capela románica, por instancia de Gonzalo de Valladares (1583-1659), primeiro vizconde de Fefiñáns. Posúe dúas torres de estilo churrigueresco levantadas a finais do século XVIII. No lateral, de cara á praza, existía unha escalinata actualmente suprimida, se ben a Consellería de Vivenda anunciou un plan para reconstruíla, co ánimo de que a praza recuperase o seu aspecto orixinal .
No seu interior atópanse os sepulcros de Gonzalo de Valladares e a súa muller.
Galería de imaxes
Véxase tamén
Notas
Categoría:Cambados Fefinans San Bieito