miniatura|Logo do Parlamento de Galicia. miniatura|Pazo do Hórreo, sede do Parlamento de Galicia. As eleccións ao Parlamento de Galicia son as eleccións autonómicas nas que os cidadáns de Galicia elixen os membros do Parlamento de Galicia. O Parlamento de Galicia está composto por setenta e cinco parlamentarios. As últimas eleccións ao Parlamento de Galicia celebráronse en 2024.

Sistema electoral miniatura|dereita|Deputados por circunscrición (2024).

O Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981 estabelece que os membros do Parlamento de Galicia son elixidos mediante sufraxio universal, igual, libre, directo e secreto. Tamén estabelece que o Parlamento debe estar composto por un mínimo de sesenta deputados e un máximo de oitenta. A Lei Electoral de Galicia estabelece a súa composición en setenta e cinco deputados. Os parlamentarios elíxense mediante escrutinio proporcional plurinominal con listas pechadas en cada circunscrición electoral.

As circunscricións electorais do Parlamento de Galicia correspóndense coas catro provincias galegas. A cada provincia correspóndelle un mínimo inicial de dez deputados. Os trinta e cinco deputados restantes distribúense entre as provincias en proporción á súa poboación. Así, nas eleccións de 2016 a repartición foi o seguinte: 25 deputados á Coruña, 14 a Lugo, 14 a Ourense e 22 a Pontevedra. A asignación de escanos ás listas electorais faise mediante o método D'Hondt. A barreira electoral é do 5% dos votos válidos da circunscrición.

Dende a reforma da LOREG de 2007, nas eleccións autonómicas de todas as comunidades autónomas as candidaturas deben presentar listas electorais cunha composición equilibrada de homes e mulleres, de forma que cada sexo supoña cando menos o 40% da lista. Esta reforma foi recorrida polo Grupo Parlamentario Popular do Congreso dos Deputados perante o Tribunal Constitucional, que en 2008 concluíu que a reforma si era constitucional.

Resultados Ano ParlamentoEscanos Circunscricións Gañadores por provincia 1981 234x234pxAP26250x250pxUCD24PSdeG16BNG-BN-PG-PSG3EG1PCG11985234x234pxCP34250x250pxPSdeG22CG11PSG-EG3BNG1 1989 234x234pxPPdeG38250x250pxPSdeG28BNG5PSG-EG2CG2 1993 234x234pxPPdeG43250x250pxPSdeG19BNG13 1997 234x234pxPPdeG42250x250pxBNG18PSdeG15 2001 234x234pxPPdeG41250x250pxBNG17PSdeG17 2005 234x234pxPPdeG37250x250pxPSdeG25BNG13 2009 234x234pxPPdeG38 x120px250x250pxPSdeG25BNG12 2012 234x234pxPPdeG41 x120px250x250pxPSdeG18AGE9BNG7 2016 234x234pxPPdeG41 x120px250x250pxEn Marea14PSdeG14BNG6 2020 234x234pxPPdeG42 x120px250x250pxBNG19PSdeG142024234x234pxPPdeG40120x120px250x250pxBNG25PSdeG9DO1

Composición do Parlamento de Galicia No Parlamento de Galicia sentan 75 deputados e deputadas (71 nas dúas primeiras lexislaturas). A maioría absoluta son 38 deputados e deputadas (36 nas dúas primeiras lexislaturas).

I lexislatura

Eleccións celebradas o: 20 de outubro de 1981

Resultados: Alianza Popular (AP): 26 deputados. Unión de Centro Democrático (UCD): 24 deputados. Partido dos Socialistas de Galicia - Partido Socialista Obrero Español (PSdeG-PSOE): 16 deputados. Coalición Electoral Bloque Nacional Popular Galego - Partido Socialista Galego (BNPG-PSG): 3 deputados. Esquerda Galega (EG): 1 deputado. Partido Comunista de Galicia (PCG): 1 deputado.

Mesa do Parlamento: Presidencia: Antonio Rosón Pérez (UCD) Vicepresidencia 1.º: Pablo Moure Mariño (AP) Vicepresidencia 2.º: Francisco González Amadiós (PSdeG-PSOE) Secretaría: Pablo González Mariñas (ata o 21/10/82) (UCD) Secretaría: Antonio Olives Quintás (dende o 21/10/82) (UCD) Vicesecretaría: Mariano Rajoy (ata o 22/09/82) (AP) Vicesecretaría: Antonio Varela Álvarez (dende o 22/09/82) (AP)

II lexislatura

Eleccións celebradas o: 24 de novembro de 1985

Resultados: Alianza Popular (AP): 34 deputados. Partido dos Socialistas de Galicia - Partido Socialista Obrero Español (PSdeG-PSOE): 22 deputados. Coalición Galega (CG): 11 deputados. Partido Socialista Galego - Esquerda Galega (PSG-EG): 3 deputados. Bloque Nacionalista Galego (BNG): 1 deputado.

Mesa do Parlamento: Presidencia: Antonio Rosón Pérez (ata o 13/5/86) (AP) Presidencia: Tomás Pérez Vidal (dende o 13/5/86) (AP) Vicepresidencia 1.º: Tomás Pérez Vidal (ata o 13/5/86) (AP) Vicepresidencia 1.º: Luis Cordeiro Rodríguez (dende o 13/5/86) (CG) Vicepresidencia 2.º: Francisco González Amadiós (PSdeG-PSOE) Secretaría: Manuel Núñez Carreira (AP) Vicesecretaría: Pablo Ángel Sande García (ata o 9/5/89) (PSdeG-PSOE) Vicesecretaría: José Federico Nogueira Fernández (dende o 9/5/89) (PSdeG-PSOE)

III lexislatura

Eleccións celebradas o: 17 de decembro de 1989

Resultados: Partido Popular de Galicia (PPdeG): 38 deputados. Partido dos Socialistas de Galicia - Partido Socialista Obrero Español (PSdeG-PSOE): 28 deputados. Bloque Nacionalista Galego (BNG): 5 deputados. Coalición Galega (CG): 2 deputados. Partido Socialista Galego - Esquerda Galega (PSG-EG): 2 deputados.

Mesa do Parlamento: Presidencia: Vitorino Núñez Rodríguez (PPdeG) Vicepresidencia 1.º: José María García Leira (PPdeG) Vicepresidencia 2.º: Antonio Carro Fernández-Valmayor (PSdeG-PSOE) Secretaría: Tomás Iribarren Fernández-Rogina (PPdeG) Vicesecretaría: José Federico Nogueira Fernández (PSdeG-PSOE)

IV lexislatura

Eleccións celebradas o: 17 de outubro de 1993

Resultados: Partido Popular de Galicia (PPdeG): 43 deputados. Partido dos Socialistas de Galicia - Partido Socialista Obrero Español (PSdeG-PSOE): 19 deputados. Bloque Nacionalista Galego (BNG): 13 deputados.

Mesa do Parlamento: Presidencia: Vitorino Núñez Rodríguez (PPdeG) Vicepresidencia 1.º: José María García Leira (PPdeG) Vicepresidencia 2.º: Miguel Ángel Cortizo Nieto (PSdeG-PSOE) Secretaría: Tomás Iribarren Fernández-Rogina (ata o 2/10/96) (PPdeG) Secretaría: Fernando González Suárez (dende o 2/10/96) (PPdeG) Vicesecretaría: Bautista Álvarez Domínguez (BNG)

V lexislatura

Eleccións celebradas o: 19 de outubro de 1997

Resultados: Partido Popular de Galicia (PPdeG): 42 deputados. Bloque Nacionalista Galego (BNG): 18 deputados. Partido dos Socialistas de Galicia - Partido Socialista Obrero Español (PSdeG-PSOE): 13 deputados. Esquerda Unida (EU): 2 deputados.

Mesa do Parlamento: Presidencia: José María García Leira (PPdeG) Vicepresidencia 1.º: Celso Delgado Arce (ata o 28/3/00) (PPdeG) Vicepresidencia 1.º: Miguel Ángel Santalices Vieira (dende o 28/3/00) (PPdeG) Vicepresidencia 2.º: Bautista Álvarez Domínguez (BNG) Secretaría: Juan Pedrosa Vicente (PPdeG) Vicesecretaría: Miguel Ángel Cortizo Nieto (PSdeG-PSOE)

VI lexislatura

Eleccións celebradas o: 21 de outubro de 2001

Resultados: Partido Popular de Galicia (PPdeG): 41 deputados. Bloque Nacionalista Galego (BNG): 17 deputados. Partido dos Socialistas de Galicia - Partido Socialista Obrero Español (PSdeG-PSOE): 17 deputados.

Mesa do Parlamento: Presidencia: José María García Leira (PPdeG) Vicepresidencia 1.ª: Inmaculada Rodríguez Cuervo (PPdeG) Vicepresidencia 2.ª: Salomé Álvarez Blanco (BNG) Secretaría: Juan Pedrosa Vicente (PPdeG) Vicesecretaría: Dolores Villarino Santiago (PSdeG-PSOE)

VII lexislatura

Eleccións celebradas o: 19 de xuño de 2005

Resultados: Partido Popular de Galicia (PPdeG): 37 deputados. Partido dos Socialistas de Galicia - Partido Socialista Obrero Español (PSdeG-PSOE): 25 deputados. Bloque Nacionalista Galego (BNG): 13 deputados.

Mesa do Parlamento: Presidencia: Dolores Villarino Santiago (PSdeG-PSOE) Vicepresidencia 1.ª: María Tareixa Paz Franco (BNG) Vicepresidencia 2.ª: Jaime Alberto Pita Varela (PP) Secretaría: Pablo Xabier López Vidal (PSdeG-PSOE) Vicesecretaría: José Manuel Baltar Blanco (PP)

VIII lexislatura

Eleccións celebradas o: 1 de marzo de 2009

Resultados: Partido Popular de Galicia (PPdeG): 38 deputados. Partido dos Socialistas de Galicia - Partido Socialista Obrero Español (PSdeG-PSOE): 25 deputados. Bloque Nacionalista Galego (BNG): 12 deputados.

Mesa do Parlamento: Presidencia: Pilar Rojo Noguera (PP) Vicepresidencia 1.ª: Miguel Santalices Vieira (PP) Vicepresidencia 2.ª: Francisco Cerviño González (PSdeG) Secretaría: José Manuel Balseiro (PP) Vicesecretaría: Carme Adán Villamarín (BNG)

IX lexislatura

Eleccións celebradas o: 21 de outubro de 2012

Resultados: Partido Popular de Galicia (PPdG): 41 deputados. Partido dos Socialistas de Galicia - Partido Socialista Obrero Español (PSdeG-PSOE): 18 deputados. Alternativa Galega de Esquerda (AGE): 9 deputados. Bloque Nacionalista Galego (BNG): 7 deputados.

Mesa do Parlamento: Presidencia: Pilar Rojo Noguera (PPdeG) Vicepresidencia 1º: Miguel Santalices Vieira (PPdeG) Vicepresidencia 2ª: Marisol Soneira Tajes (PSdeG) Secretaría: José Manuel Balseiro Orol (PPdeG) Vicesecretaría: Concepción Burgo López (PSdG)

X lexislatura

Eleccións celebradas o: 25 de setembro de 2016

Resultados: Partido Popular de Galicia (PPdG): 41 deputados. En Marea (EM): 14 deputados. Partido dos Socialistas de Galicia - Partido Socialista Obrero Español (PSdeG-PSOE): 14 deputados. Bloque Nacionalista Galego (BNG): 6 deputados.

Mesa do Parlamento: Presidencia: Miguel Santalices Vieira (PPdeG) Vicepresidencia 1ª: Diego Calvo Pouso (PPdeG) Vicepresidencia 2ª: Eva Solla Fernández (En Marea) Secretaría: Raquel Arias Rodríguez (PPdeG) Vicesecretaría: Concepción Burgo López (PSdG)

XI lexislatura

Eleccións celebradas o: 12 de xullo de 2020

Resultados: Partido Popular de Galicia (PPdG): 42 deputados. Bloque Nacionalista Galego (BNG): 19 deputados. Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG): 14 deputados.

Mesa do Parlamento: Presidencia: Miguel Ángel Santalices Vieira (PPdeG) Vicepresidencia 1.ª: Diego Calvo Pouso (PPdeG) Vicepresidencia 2.ª: Montserrat Prado Cores (BNG) Secretaría: María Corina Porro Martínez (PPdeG) Vicesecretaría: Marina Ortega Otero (PSdeG)

Notas

Véxase tamén Outros artigos Parlamento de Galicia Bibliografía Texto consolidado. Última modificación: 31 de marzo de 2015.

Ligazóns externas Páxina oficial do Parlamento de Galicia