A capela de San Salvador de Samos, ou capela do Ciprés, é unha sinxela construción relixiosa que data do século IX e que se atopa tras do mosteiro de Samos (Samos).

Características Conserva a estrutura dun oratorio mozárabe afín ao culto que divide o espazo na cela ministerial e a nave principal percorrida por unha bancada datada no século XII. Non destaca nin polas súas dimensións nin polo seu exterior que ten como protagonista principal a cachotería de lousa da zona. O interior agocha uns importantes frescos, datados no século X que representan cruces, portadas, alfices, pigmentacións difíciles de atopar nesas terras, decoracións florais etc.

Historia A súa localización, abrazada polo río e protexida por antigas construción, pode levar a pensar que a capela se sitúa onde estaba o primeiro mosteiro de Samos. Posteriormente serviu de oratorio para os monxes, e logo caeu en abandono, e foi un pendello onde se gardaban aveños de traballar no campo.

A capela recibe este nome por un ciprés próximo de 27 m de altura. Foi declarada monumento nacional en 1944.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Mosteiro de San Xulián de Samos

Categoría:Samos Samos Samos