"Endless Sorrow" é o single nº 22 da cantante xaponesa Ayumi Hamasaki, lanzado ó mercado o 16 de maio do ano 2001 baixo o selo Avex Trax.
Información
A canción tamén a podemos atopar no seu álbum I am.., aínda que se debe sinalar que a versión incluída no single é bastante diferente á do álbum (Endless sorrow ~gone with the wind ver.~). A versión do álbum e máis longa e ten un son máis escuro, mentres que a versión do single ten unha marcada tendencia ó rock.
A versión orixinal de Endless Sorrow foi o tema principal do drama xaponés "Mukashi no otoko", que foi emitido por TBS. O "Kirai Natsu Ayu Mix" de Vogue usouse nun comercial da marca KOSÉ no que aparece a mesma AyuVídeo do comercial en Youtube.
No vídeo da canción Endless Sorrow aparece un mozo vivindo nunha sociedade onde falar está prohibido. O mozo, porén, escala unha torre, atopándose a un home (presumiblemente un sacerdote debido as súas roupaxes) e a un anxo cunha única á que parece idéntico ó mozo. Agás de na portada do single, Hamasaki non aparece na versión orixinal do vídeo, pero nunha versión posterior aparecería no final do mesmoVideoclip de Endless Sorrow.
Lista de temas
# Título 1. "Endless sorrow" 2. "Vogue" (Kirari Natsu Ayu Mix) 3. "Endless sorrow" (Natural Green Dub Mix) 4. "Endless sorrow" (nicely nice skyblue remix) 5. "Never Ever" (Dub's Uncategorized Mix 001) 6. "Endless sorrow" (Ram's Advance Mix) 7. "Endless sorrow" (Brent Mini's gothic mix) 8. "Endless sorrow" (Liquid Heart Mix) 9. "Endless sorrow" (Juicy Ariyama Mix) 10. "Endless sorrow" (Instrumental)
Posición nas listas
LanzamentoListaMáxima posiciónVendas na primeira semanaVendas totaisSemanas16 de maio de 2001Oricon Daily Singles Chart#116 de maio de 2001Oricon Weekly Singles Chart#1430,220768,510 11 16 de maio de 2001Oricon Yearly Singles Chart#14
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Endless Sorrow información en Avex Network. Endless Sorrow información en Oricon.
Categoría:Sinxelos de 2001