dereita|miniatura|Rápido de Bouzas, 2022. dereita|miniatura|Rápido de Bouzas, 2023.
O Club Rápido de Bouzas é un club de fútbol da parroquia de Bouzas na cidade de Vigo, que milita no Grupo II da Preferente Galicia. Fundado en 1914, é o quinto equipo de fútbol máis antigo de Galicia, só por detrás do Deportivo da Coruña, do Unión Campestre de Montrove, do Deportivo Coia e do Ribadeo FC. O club acadou o seu cumio deportivo entre 2017 e 2019, cando militou durante dúas tempadas na Segunda División B, terceira categoría do fútbol español.
No equipo militaron xogadores destacados como Pahiño, quen xogou coa selección española e foi dúas veces Pichichi, Manolo Tomé, que chegou gañar unha liga co Fútbol Club Barcelona, ou Iago Aspas.
Historia O equipo foi fundado o 12 de agosto de 1914 co nome de Club Rápido Football, no seo do Liceo Marítimo de Bouzas, do cal tomou as cores negra e amarela.{ Converteuse en club en 1917 e federouse en 1921.
Participou na Serie B do Campionato de Galicia de fútbol, resultando campión na tempada 1922-23. No verán dese ano foi convidado a unirse co Real Vigo Sporting Club e mais o Real Club Fortuna de Vigo no proxecto de fusión que deu lugar ao Celta de Vigo, mais o club declinou a oferta.
Na tempada 1965-66 acadaron o ascenso por vez primeira á Tercera División, competición que gañaron na temada 2004-2005. É o equipo de Galicia con maior número de tempadas consecutivas nesta categoría tras o Cerceda. Amais acadaron seis títulos de Campión de Galicia de afeccionados.
En 2005 o club xogou por vez primeira a Copa do Rei de fútbol, sendo eliminado polo Rayo Vallecano, ao que con todo, conseguiu derrotar no partido de ida no Baltasar Pujales. No ano 2014 foi galardoado co premio Vigués distinguido.
Na tempada 2015-16 o equipo gañou o grupo galego da Copa RFEF, tras eliminar o Deportivo B e o Alondras, e vencer na final fronte ao Cerceda en Ribadumia por 3-0.
O 25 de xuño de 2017, con Patxi Salinas no banco, o club logrou o ascenso a Segunda B por vez primeira tras eliminar o Peralada, o Cayón e o Villa de Santa Brígida. Na tempada do seu debut na terceira categoría do fútbol español, o Rápido de Bouzas estivo a piques de clasificarse para os play-offs de ascenso a Segunda División da man de Borja Jiménez Sáez. Mantívose nesta categoría dúas tempadas, clasificándose de novo para a Copa do Rei.
No verán de 2024 o equipo descendeu a Preferente logo de que ningún equipo galego conseguira o ascenso á Segunda División RFEF nos play-offs. Deste xeitoo, o cadro vigués puña fin a 25 anos competindo en categoría estatal de xeito ininterrompido. O descenso, inesperado na entidade, fixo que o proxecto tivera que tomar unha nova dirección, recurrindo a xogadores da canteira cunha media de 19-20 anos.
Os inicios na categoría autonómica non foron bos para o Rápido, xa que comezou perdendo os seus primeiros tres encontros, nos que acumulou 17 goles en contra por tan só tres a favor, encaixando ademais 12 goles nos seus dous primeiros partidos como local, o que colocou ao equipo como pechacancelas da competición.
Adestradores Juan Carlos Andrés Costa 2014-16 Xurxo Otero 2016-17 Patxi Salinas 2017-2018 Borja Jiménez Sáez 2018-2018 Xurxo Otero 2018-2019 Míchel Alonso 2019-2029 Miguel Fernández Pérez 2019-2020 Milo Abelleira 2020- David de Dios
Presidentes Na actualidade o presidente da entidade gualdinegra é Manuel Pedro Seoane Cordal. Así mesmo, o presidente honorífico é Baltasar Pujales Estévez.
Cronoloxía dos presidentes Baltasar Pujales Estévez (-2005) Manuel Pedro Seoane Cordal (2005-)
Uniforme Uniforme titular: Camiseta amarela e negra a raias verticais, pantalón negro e medias negras.
miniatura|300px|Rápido de Bouzas vs Centro de Deportes Barco. Venceu o Rápido: 2-0. Estadio O Campo de Fútbol Municipal Baltasar Pujales é a sede onde o Club Rápido de Bouzas disputa os seus encontros.
Datos do club Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 0 Tempadas en 2ª B: 2 Tempadas en 3ª: 22 Mellor posto na liga: 5º en 2ª B (2017/18). Promocións de ascenso a Segunda B: 3 (1 ascenso) Participacións na Copa do Rei: 2
Historial na liga TempadaCategoríaPostoCopa do Reide 17-18Rexional—a 64-65Rexional— 1965/663ª8º1966/673ª10º1967/683ª13º de 67-68Rexional—a 98-99Rexional—1999/003ª12º2000/013ª14º2001/023ª5º2002/033ª4ºTempadaCategoríaPostoCopa do Rei2003/043ª14º2004/053ª1º2005/063ª15ºRolda previa2006/073ª12º2007/083ª9º2008/093ª15º2009/103ª10º2010/113ª10º2011/123ª7º2012/133ª8º2013/143ª10ºTempadaCategoríaPostoCopa do Rei2014/153ª10º2015/163ª8º2016/173ª2º 10px|ascenso|link=2017/182ªB5º1ª rolda2018/192ªB17º 10px|descenso|link=1ª rolda2019/203ª18º2020/213ª RFEF / 2021/223ª RFEF6º2022/233ª RFEF3º2023/243ª RFEF 10px2024/25Preferente—
Palmarés Terceira División (1): 2004–05 Campionato de Galicia da Serie B (1): 1921–22 Fase Autonómica Galega da Copa RFEF (3): 2002–03, 2012–13, 2015–16
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web oficial