HEAVEN é o single nº 37 da cantante xaponesa Ayumi Hamasaki, lanzado orixinalmente o 14 de setembro do ano 2005.

Información

O lanzamento do single anunciouse só días despois do lanzamento do single anterior, en parte porque sería a primeira canción de Ayumi Hamasaki que aparecería nunha produción cinematográfica, a película xaponesa Shinobi -Heart Under Blade-. "HEAVEN" é a primeira canción de Hamasaki que é utilizada como tema principal nunha película.

O single tamén contén o lado B chamado "Will", que tamén foi promovido dentro da televisión o ser a canción imaxe dun dos produtos de Panasonic. Dentro do comercial no que se estreou esta canción é unha das poucas veces nas que Ayumi aparece vestindo un kimono tradicional. O DVD, o igual no que se estreou do DVD de "Fairyland", contén unha versión con imaxes de detrás das cámaras sobre como se fixo o vídeo musical para a canción. Esta versión (acústica en piano e sen voz) está exclusivamente neste lanzamento. O DVD tamén é o primeiro da artista que contén un comercial feito orixinalmente para a promoción a través da televisión.

Dentro das listas de Oricon nun momento se dubidou que logrará o primeiro lugar. O seu primeiro día alcanzou só o segundo lugar, e xa o segundo día estaba no terceiro. Porén, pouco a pouco tomou forza, ata que o final da súa primeira semana alcanzou o primeiro lugar, vendendo inicialmente 169 mil copias.

Lista de temas CD # Título 1. HEAVEN "Original Mix" 2. Will "Original Mix" 3. Alterna "Orchestra Version" 4. HEAVEN "Piano Version" 5. HEAVEN "Original Mix -Instrumental-" 6. Will "Original Mix -Instrumental-"

DVD # Título 1. HEAVEN - videoclip 2. HEAVEN (Piano Version) - galería de fotos 3. HEAVEN - comercial de televisión

Posición nas listas

LanzamentoListaMáxima posiciónVendas na primeira semanaVendas totaisSemanas14 de setembro de 2005Oricon Daily Singles Chart#114 de setembro de 2005Oricon Weekly Singles Chart#1168,540327,1111414 de setembro de 2005Oricon Monthly Singles Chart#314 de setembro de 2005Oricon Yearly Singles Chart#23

Categoría:Sinxelos de 2005