Juan Luis Pedrosa Fernández, nado en Lugo o 8 de febreiro de 1955, é un mariño e político galego.
Traxectoria Fillo de Fernando Pedrosa Roldán. Foi Delegado en Pontevedra da Consellería de Pesca e Director xeral de Marisqueo e Acuicultura (1993-1995). Pertence ao PPdeG, partido polo que foi alcalde de Pontevedra dende 1995 a 1999, e líder da oposición do mesmo concello dende 1999 a 2003. Atópase nas listas do PPdeG por Pontevedra do 2007, aínda que non saíu elixido. O 17 de xaneiro de 2012 foi nomeado director da Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima (SASEMAR), organismo dependente do Ministerio de Fomento de España.
Eleccións Nas eleccións do ano 1995, obtivo 11 escanos, que sumados ás dúas actas do partido independente Pontevedra Unida, obtiveron a maioría absoluta fronte aos 7 concelleiros do BNG e os cinco do PSdeG-PSOE.
No ano 1999, Pontevedra Unida non se presentou e, aínda que gañou en sufraxios, empatou en 10 butacas co BNG, que pasou a gobernar xunto cos 5 representantes do PSdeG-PSOE.
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Pontevedra
Ligazóns externas Entrevista en La Voz de Galicia
Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Pontevedra Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1955 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes