O Estadio Municipal de Anoeta, tamén chamado Reale Seguros Stadium por motivos de patrocinio, é un estadio da cidade de Donostia, no País Vasco. Principalmente é utilizado pola Real Sociedad de Fútbol, pero tamén se celebran espectáculos de grande envergadura, como o son concertos ou partidos de rugby de equipos do País Vascofrancés, entre outros. Dispón dunha pista de atletismo ao redor do céspede.
Historia O Estadio de Anoeta foi levantado en substitución do Campo de Fútbol Municipal de Atotxa (inaugurado en 1913). Foi inaugurado o 13 de agosto de 1993.
A súa construción foi financiada polo Concello de Donostia, a Deputación Foral de Guipúscoa e a Real Sociedad de Fútbol, e é xestionado pola Sociedade Privada Municipal Anoetako Kiroldegia.
Exterior
Interior
Desde 2005 é utilizado ocasionalmente tamén como estadio local polo equipo de rugby vasco-francés Biarritz Olympique Pays Basque para os seus partidos maiores da Heineken Cup (Copa de Europa).
En 2008 desde a chegada de Iñaki Badiola á presidencia do equipo guipuscoano, pretende comprar o estadio que petenecería ao club e suprimir a pista de atletismo.
O 1 de agosto de 2019, anunciouse que o estadio pasaría a chamarse oficialmente Reale Seguros Stadium durante seis anos, tras un acordo coa empresa de seguros.
Acceso O Estadio de Anoeta está localizado no barrio de Amara en Donostia e a súa dirección é Anoeta Pasealekua, 1 - 20014 Donostia.
Notas
Véxase tamén Real Sociedad de Fútbol Miniestadio de Anoeta Ligazóns externas Real Sociedad de Fútbol Estadio Municipal de Anoeta no sitio web do Concello de Donostia
Anoeta, Estadio Municipal de Categoría:Deporte en Donostia Categoría:Real Sociedad