Santa María de Nogueira de Miño é unha parroquia do concello de Chantada na provincia de Lugo. No ano 2011 tiña 144 habitantes segundo datos do INE e do IGE deles 70 eran homes e 74 eran mulleres. Isto supón unha diminución respecto o ano 2007 tiña 150 habitantes, deles 75 eran homes e 75 eran mulleres.

Patrimonio Igrexa de Santa María de Nogueira de Miño, románica, da segunda metade do século XII, con reformas no XVIII na torre e fachada. Na igrexa destacan as pinturas murais renacentistas, datadas entre 1560 e 1570 pero descubertas en 2012 e restauradas durante a segunda década do século XXI. Atribúense ó denominado desde o achado destas pinturas ó Mestre de Nogueira e constan de representacións do Xuízo Final, a Anunciación, o Pantocrátor ou o martirio de San Sebastián.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Nogueira de Miño

Parroquias de Chantada

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Chantada

Notas

Categoría:Parroquias de Chantada Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María