Aida Alonso Iglesias, chamada artisticamente Aid, nada en Vigo en 1990, é unha rapeira galega.

Traxectoria Comezou a actuar con quince anos en pequenos locais de Vigo e Vilagarcía, acompañada doutros MCs e tamén en solitario. En 2007 colaborou con El Puto Coke e gravou o seu primeiro álbum en solitario. En 2008 fixo o seu debut internacional en Lisboa. Estudante de Telecomunicacións na Universidade de Vigo, en outubro de 2008 gañou o premio Heineken Greenspace, para intérpretes musicais novos de toda España.

Ten elaborado obradoiros de hip hop en centros culturais e de ensino galegos e traballado como locutora e reporteira en medios locais da súa cidade.

Discografía Aquí tenéis (2007), 12Pross. Licor Kafé (2008), obra colectiva con Wöyza e 040. Jugando (2009)Dende Vigo chega Aíd, a voz dunha xeración, Vieiros, 11/2/2009 Hacer lo que quiero (2013).

Libro-CD Rapoemas (2012, Galaxia).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en MySpace. Páxina oficial Ficha en Galaxia

Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Cantantes en lingua galega Categoría:Cantantes en lingua castelá Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Rapeiros de Galicia