A Casa de Fernando Carreras é un inmoble de estilo ecléctico localizado na cidade de Vigo. A casa foi unha das primeiras grandes residencias da cidade olívica.O concello recupera o edificio do Reitorado Na súa época tivo tanta sona que moitos vigueses percorrían longas distancias para ver a casa.Arquitecturavigo.blogsport.com - Casa de Fernando Carreras

O edificio atópase na esquina entre a rúa da cidade do Porto coa rúa Areal, e é o único edificio que mantén unha aliñación distinta na rúa Areal, como consecuencia de cambios no proxecto inicial da edificación da rúa.

Historia e usos Vista da casa dende a rúa Policarpo Sanz.|miniatura|esquerda A Casa de Fernando Carreras foi deseñada como residencia do seu promotor, Fernando Carreras. O 1 de febreiro de 1863 asinouse o proxecto da súa edificación, que lle foi asignada a Manuel de Uceda, mestre de obras da Academia de San Fernando de Madrid e axudante de obras públicas na provincia de Pontevedra.Cultura: O antigo Reitorado da Universidade de Vigo

Dende a súa construción, o edificio tivo diversos usos: foi empregado como sucursal do Banco de España (ata a construción da actual Casa das Artes, onde se localizaría despois), como sede do Goberno Militar, como reitorado da Universidade de Vigo (ata a construción do novo reitorado no campus da Universidade de Vigo) e como sede da alcaldía da cidade de Vigo.

No ano 2006, o inmoble foi habilitado para albergar a alcaldía da cidade, un proxecto da alcaldesa Corina Porro, quen desexaba acomodar a sede nun inmoble máis cómodo có primeiro andar do concello de Vigo, construído en 1972. Despois de barallar distintas opcións, decantouse polo antigo reitorado da rúa Areal.Corina Porro gastó 500.000 euros, que no pagó, en amueblar 'su' alcaldía Entre os traballos de adecuación do edificio, destaca a substitución do escudo franquista da fachada do inmoble polo escudo da cidade olívica.

Tralas eleccións municipais de 2007, coa chegada á alcaldía de Abel Caballero a alcaldía foi levada de novo ao edificio central do concello de Vigo, e pechouse o histórico inmoble.El ministro de Cultura compromete una gran biblioteca en Vigo Tralo seu peche o concello barallou varios proxectos para o edificio. Primeiramente pensouse en acondicionar o inmoble para a nova Biblioteca pública do Estado que prometera o ministro de cultura, César Antonio Molina para a cidade de Vigo, tamén pensouse en trasladar a pinacoteca do Museo Quiñones de León para deixares máis espazo aos obxectos históricos contidos no pazo.O goberno vigués cede o antigo Reitorado para a sede da Eurorrexión Finalmente ambas as dúas propostas foron desbotadas anunciándose a finais de 2008 que o inmoble sería a sede da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, proposta que finalmente tampouco foi adiante.O despacho máis desexado de Vigo volve á lea política

O Consorcio da Zona Franca de Vigo mercou o edificio ó concello para trasladar a súa sede ó centro da cidade.Zona Franca comprará al Concello su edificio en el Areal para trasladar la sede de Bouzas

Estilo É un dos grandes edificios máis vellos da cidade, de estilo ecléctico. Toda a fachada está feita en cantaría de granito galego de primeira calidade ben conformado. Ten, ademais da planta baixa, dous andares, con bufardas baixo a cuberta, engadidas despois da obra principal; conta cun patio de luces interior. A súa disposición é simétrica, con grandes vans na fachada con arcos semicirculares, todos con balcón individual e separados por pilastras acanaladas, que lle dan ao conxunto un aspecto clasicista. A decoración restrínxese aos chapiteis corintios das pilastras, e á decoración xeométrica e vexetal da cornixa.Garrido Rodríguez, Jaime, 2000: Arquitectura da Pedra en Vigo, Vigo, Construcciones Conde, p. 163.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Fundación Carlos Casares Edificio Bonín (na esquina oposta da rúa da cidade do Porto)

Fernando Categoría:Arquitectura civil en Vigo