Boys & Girls é o noveno sinxelo da cantante xaponesa Ayumi Hamasaki, lanzado orixinalmente 14 de xullo do ano 1999.

Información O sinxelo foi o primeiro lanzado en formato maxi con máis de 4 cancións, e foron engadidas numerosas remesturas e versións alternativas da canción orixinal. "Boys & Girls" foi lanzado o mesmo día que 'BE TOGETHER", sinxelo da súa coñecida rival nese entón Ami Suzuki. A batalla entre as dúas xoves fíxose máis forte a partir do lanzamento destes singles, xa que comezaron a loitar ferreamente polo primeiro lugar na lista dos máis vendidos. Na primeira semana Suzuki logrou chegar o primeiro posto de Oricon, deixando a Ayumi no segundo lugar, pero na segunda semana Ami quedou no segundo posto. Finalmente Ayumi coroouse vencedora, convertendo a este single no primeiro en vender máis dun millón de copias (cando o de Ami Suzuki só alcanzou a vender 800 mil copias).

O tema orixinal é o AUBE Original Mix, e esta mesma versión foi máis tarde incluída no segundo álbum de estudio da artista. O nome de AUBE é soamente porque a canción foi a primeira utilizada como imaxe nos comerciais da gama de cosméticos que leva o mesmo nome. A canción que máis tarde foi utilizada baixo o seu contrato con esta empresa foi "And Then", a que non chegou a utilizarse na radio.

Lista de temas # Título 1. Boys & Girls "MAD FILTER MIX" 2. Boys & Girls "AUBE Original mix" 3. Boys & Girls "Higher Uplift Mix" 4. LOVE ~Destiny~ "TODD'S LOVERS CONVERSION" 5. Boys & Girls "HΛL's Mix" 6. Boys & Girls "Melt Down Dub Mix" 7. TO BE "Bright Mix" 7. Boys & Girls "D-Z PSYCHEDELIC ASSASSIN MIX" 7. Boys & Girls "Dub's club Remix" 7. Boys & Girls "AUBE Original Mix -Instrumental-"

Posición nas listas

LanzamentoListaMáxima posiciónVendas na primeira semanaVendas totaisSemanas14 de xullo de 1999Oricon Daily Singles Chart#114 de xullo de 1999Oricon Weekly Singles Chart#1261,7501,038,0001614 de xullo de 1999Oricon Yearly Singles Chart#11

Categoría:Sinxelos de 1999