Rafael Fernández Cardoso, nado en Sanlúcar de Barrameda (provincia de Cádiz) cara a 1884 e finado na Arxentina en 1951, foi un político galego.

Traxectoria De orixe andaluza, chegou a Ribadeo nos anos 1920, exercendo de dentista. Masón, pertecía á loxa Lucus nº 5. Foi presidente da agrupación local do Partido Republicano, e coa chegada da República foi elixido alcalde de Ribadeo pola Alianza Republicana, en coalición co Partido Socialista o 5 de xuño de 1931.Las Riberas del Eo, 6-6-1931, p. 6. Militou no Partido Republicano Radical, sendo presidente do Club Republicano Radical de RibadeoVida Gallega, 30-11-1931, p. 50. e logo da desfeita deste pasou a Unión Republicana. Logo da folga xeral revolucionaria de 1934 foi suspendido do seu cargo xunto co resto da corporación. Foi reposto no cargo (xunto co resto da corporación suspendida) polo Gobernador civil en xaneiro de 1936.Las Riberas del Eo, 11-1-1936, p. 6. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu a Asturias, exiliándose despois na Arxentina.

A súa muller, Blanca Quiroga Martínez, foi procesada o 6 de agosto de 1936 por orde do Comandante Militar de Ribadeo, por "implicación en alzamento en armas contra as forzas do exército" e fuxiu con Rafael desde Cabanela.

O seu irmán Leopoldo Fernández Cardoso dirixiu o periódico El Radical del Eo.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo

Categoría:Exilio galego Categoría:Alcaldes de Ribadeo Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Alcaldes de Galicia da ORGA Categoría:Alcaldes de Galicia por Unión Republicana Categoría:Nados en Sanlúcar de Barrameda Categoría:Finados en 1951 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes