San Pedro de Espiñeira é unha parroquia do concello do Irixo na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 94 habitantes, deles 44 eran homes e 50 eran mulleres, o que supón unha diminución de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Patrimonio A igrexa parroquial é do século XVIII, con nave dun só corpo e capela maior, á que se accede por arco de medio punto. A sancristía está anexa no lado norte. No retablo maior, neoclásico, hai imaxes barrocas de San Pedro, Santa Lucía, a Virxe do Carme e San Brais. Hai tamén un Cristo crucificado barroco e unha talla popular de Santo Antón de Padua. No templo gárdase un copón en prata do século XVII, un cáliz de prata do século XVIII e mais unha custodia. A carón do templo hai un cruceiro do século XVIII, con pousa.

Na aldea de Munín hai un cruceiro de finais do século XX.

Lugares e parroquias Lugares de Espiñeira

Parroquias do Irixo

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares do Irixo

Categoría:Parroquias do Irixo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro