San Pedro do Regueiro é unha parroquia do concello de Boborás na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 181 habitantes (87 homes e 94 mulleres), un menos ca en 2006. É limítrofe coa parroquia do Regueiro do concello do Irixo.
O Regueiro na literatura popular Onte á noite fun á ronda,/ pasei a costa das Antas;/ o que rompín de zapatos/ tamén o aforrei de mantas Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 121. Xaquín Lorenzo explica que esta Costa das Antas ten que referirse ó lugar das Antas. O caso é que pode ser As Antas de Santa Cruz de Lebozán (Beariz) ou As Antas de San Pedro do Regueiro, parroquia compartida polos concellos de Boborás e do Irixo..
Lugares e parroquias Lugares do Regueiro
Parroquias de Boborás
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Boborás
Categoría:Parroquias de Boborás Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro Categoría:Parroquias galegas homónimas con outras de concellos limítrofes